Prolongado ata o 14 de xullo, o prazo de recepción de candidaturas aos Premios Juana de Vega de Intervencións na paisaxe.

Share

Neste ano 2016, convócase o premio para a categoría de espazos exteriores, co obxecto de premiar aquelas intervencións en espazos exteriores no territorio galego que contribúan a mellorar a calidade paisaxística.

Poderanse presentar aquelas intervencións rematadas dentro dos últimos cinco anos.

Os Premios Juana de Vega de intervencións na paisaxe xorden do convencemento de que a paisaxe é un elemento fundamental do patrimonio de calquera sociedade humana, por incidir directamente no seu benestar físico e espiritual e por ser un recurso socio-económico de enorme potencial.

Para máis información consulta as bases dos Premios aquí.

Se tes calquera dúbida ou consulta, tesnos á túa disposición en info@juanadevega.org, no teléfono 981.65.43.37 (de 9 a 15 h), ou nas nosas redes sociais: Facebook e twitter.

A Fundación Juana de Vega prolongou o prazo de admisión dos proxectos ou intervencións para o Premio Juana de Vega de intervencións na paisaxe. O prazo para recibir candidaturas terminará o 14 de Xullo de 2016.