Premio Juana de Vega de intervencións na Paisaxe 2022

Fallo del jurado: Intervenciones exteriores

Premiados

Mención

Autores: Santos Vila González, arquitecto.

Accésits

Autores: RVR Arquitectos (Redondo, Valladares y Rodriguez, arquitectos, S.L.P.)

Accésits

Autores: Orza Paisajismo, Carmela Moral Ardines

Acta do Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe

Categoría de Intervencións en espazos exteriores

Asistentes:

  • Presidente
    • Juan Manuel Palerm Salazar
  • Secretario
    • Pedro Calaza Martínez
  • Vogais
    • Itxaro Lataza Zaballos
    • María Isabel Iglesias Díaz
    • Covadonga Carrasco López 
    • Pere Sala i Marti 
    • José Luis Romeu 
    • Enrique Sáez Ponte

O Xurado do Premio Juana de Vega de Intervencióms na Paisaxe, na categoría de Intervencións en espazos exteriores, reúnese na cafetería do área de servizo de San Simón, ás 19:45 horas do día 5 de novembro de 2022, despois de visitar as seis obras seleccionadas na reunión do 29 de xullo.

Despois de deliberar, o Xurado do Premio toma por unanimidade os seguintes acordos:

  1. Declarar deserto o Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe, na categoría de intervencións en espazos exteriores, dado que o Xurado estima que ningún dos proxectos presentados reúne completamente e de forma integral os requisitos e as condicións establecidas nas bases do premio, calidade da intervención, contribución á mellora da paisaxe, incorporación de criterios de sostibilidade, adecuación da intervención realizada aos usos previstos e/ou economía no uso dos materiais.
  2. Outorgar un accésit a ORZA Paisajismo pola sua obra:  Cornes: Paisaxismo en prazas públicas e espazos comunitarios para o conxunto residencial, Santiago de Compostela. O xurado valorou a actuación proposta como posible modelo de inspiración en outras zonas similares para tratar os espazos intersticiais entre edificios, onde se prima a mellora ambiental e estética mediante o emprego acertado da vexetación na súa relación co espazo. A obra forma parte dun destacado conxunto arquitectónico e inclúe unha axeitada selección de especies vexetais que configuran espazos a diferentes niveis, ofrecendo unha percepción cromática, de texturas e volumes. Hai unha boa conexión entre espazos independentes e integración na contorna, co que abre aos veciños interesantes oportunidades de emprego e actividade.
  3. Outorgar un accésit a Alberto Redondo Porto, José Valladares Durán e a Marcial Rodríguez Rodríguez pola súa obra: Xardín do teatro, Monte Gaias, Santiago de Compostela. A obra executada soluciona de forma acertada a diferenza de cotas do espazo coa sua contorna. Recupera e pon en valor un escenario baleiro mediante unha proposta cromática, multifuncional e na que se soubo integrar elementos de construción de obras anteriores. Destaca tamén o emprego de especies arbóreas variadas que confiren un valor engadido, especialmente en época outoñal. O escenario pode ser observado desde diferentes posicións visuais a distintas cotas, ofrecendo unha alta variedade de perspectivas.
  4. O xurado quere, por último, destacar a obra de Santos Vila González: Urbanización da contorna do Peto de Ánimas de Piñeiro. Ainda que as dimensións de esta intervención son limitadas, valórase positivamente a recuperación dun elemento de alto valor simbólico, patrimonial e histórico como son os Petos de Ánimas con unha acertada actuación. Destaca a sensibilidade no deseño e acabados, e o eficaz emprego dos materiais construtivos. Trátase a diferencia de cotas con un xogo de niveis que resalta a imaxe completa do Peto, parcialmente soterrado anteriormente. O conxunto ofrece un microespazo acondicionado para usos diferentes nunha contorna rural relevante.

Sen máis asuntos que tratar, levantase a sesión ás 21.00 horas.

Share