Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2016

Fallo do xurado: Intervencións exteriores

Premiados

Accésits

Autores: Abalo Alonso arquitectos

Premio

Autores: BADER- Universidade de Santiago de Compostela. Pablo Ramil Rego, Luis Gómez- Orellana E Javier Ferreiro da Costa.

Acta do Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2016

Categoría: intervencións en espazos exteriores

Oleiros, 9 de setembro de 2016

Asistentes:

Presidente: José Antonio Franco Taboada.

Secretaria: Isabel Aguirre de Urcola.

Vocais. Teresa Andressen, Enrique Sáez Ponte, Pedro Calaza Martínez y Juan Manuel Palerm Salazar.

O xurado reúnese na sede da Fundación Juana de Vega o día nove de setembro ás 11:00 horas da mañá para revisar os proxectos presentados. Concorren a esta categoría do premio vinte e oito traballos executados en diversas zonas de Galicia, tanto urbanas como rurais, dos cales, catro foron eliminados por non cumpriren cos requisitos establecidos na convocatoria.

Tras revisar os restantes traballos, o xurado selecciona como finalistas os seguintes traballos:

  • Cinta Guía–Percorrido sensorial. Xardín Histórico de Castrelos (Vigo).
  • Posta en valor do borde litoral entre Porto do Son e o Castro de Baroña.
  • Restauración das lagoas da Reserva da Biosfera de Terras do Miño (Cospeito-Lugo).
  • Ruta termal e da auga Verín – Chaves (Ourense).
  • Recuperación do Campo da Leña (A Coruña).
  • Miradoiro da Pedra da rá (Riveira).
  • Reurbanización San Clemente (Santiago de Compostela).

Durante a tarde do día nove e a mañá do día dez, visítanse algunhas destas obras que foron executadas dentro do período establecido na convocatoria para esta categoría do premio.

Despois de ter realizado as visitas, o xurado reúnese en Santiago de Compostela e debate as características dos diversos finalistas para asignar os premios. Durante o debate, constátase a dificultade de clasificar e valorar axeitadamente traballos de características moi diversas. Tras un longo intercambio de impresións e pareceres, o xurado acorda por unanimidade, o seguinte:

  1. Outorgar o Premio Juana de Vega en intervencións na paisaxe, na categoría “intervencións en espazos exteriores” ao traballo “Restauración das lagoas na Reserva da Biosfera de Terras do Miño, Cospeito-Lugo”, presentado por D. Pablo Ramil Rego, D. Luis Rego Orellana e D. Javier Ferreiro da Costa. O Xurado valora especialmente  a adecuación dos traballos para preservar un espazo natural de gran valor ecolóxico que acubilla un gran número de especies de flora e fauna silvestre, en pon en valor a paisaxe conformada por lagoas e brañas, que foi recuperado tralas modificacións que xeraron as obras de colonización agraria e que hoxe constitúe un exemplo único dunha contorna natural das que houbo outras mostras en Galicia, que por desgraza se perderon ou foron reducidas notablemente. O Proxecto recupera ademais unha rede de camiños para seren empregados polos visitantes para transitar a través dunha vexetación excepcional e pon en valor elementos do noso patrimonio cultural, como os peches de chanto ou de sebe que foron reconstruídos seguindo o modelo tradicional da zona.
  2. Conceder un accésit á seguinte obra:
    “Reurbanización San Clemente (Santiago de Compostela)” presentada por Abalo Alonso Arquitectos. Trátase dun espazo urbano no centro do casco histórico de Santiago de Compostela, Patrimonio da Humanidade. A sinxeleza do traballo respecta a contorna histórica cun deseño delicado nos elementos estruturais e unha coidada selección dos materiais empregados, destacando a harmonía do conxunto da intervención e o trazado da gran escaleira, deseñada con varios planos e diferentes dimensión dos chanzos.
Share