Premio

Restauración de lagoas na Reserva de Biosfera de Terras do Miño

Autores: BADER- Universidade de Santiago de Compostela. Pablo Ramil Rego, Luis Gómez- Orellana E Javier Ferreiro da Costa.

Cospeito. Lugo

Promovida pola Universidad de Santiago de Compostela

O Grupo de Investigación Territorio & Biodiversidade da Universidade de Santiago, en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, a Xunta de Galicia e a Comisión Europea ha desenvolvido desde o ano 1995 distintas actuacións de conservación e restauración ambiental vinculadas con ecosistemas húmidos da Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

No ano 2012, a Comisión Europea concedeu o proxecto LIFE+ NAT/ES/707. Humidais continentais do Norte da Península Ibérica: Xestión e restauración de turbeiras e medios higrófilos, cuxas accións se realizaron ata outubro de 2015. No territorio galego, as accións foron deseñadas e desenvolvidas por un equipo do IBADER dirixido polo profesor Pablo Ramil Rego, sendo executadas as distintas medidas de restauración pola empresa pública TRAGSA. No transcurso do proxecto LIFE+ Tremedal creáronse dentro da Reserva da Biosfera de Terras do Miño 21 novos biotopos lagunares, 20 situados no Humidal de Cospeito e 1 na Insua de San Roque.

Os labores de restauración levadas a cabo nos medios lagunares da Reserva da Biosfera de Terra Chá foron complementadas con distintas medidas de recuperación e integración paisaxística. O labor máis importante foi realizada no humidal de Cospeito ao ter que reverter as modificacións que sobre a estrutura da paisaxe xeraron as obras de colonización agraria. Para iso recuperáronse os sebes arbóreos naturais plantados, individuos de Salix atrocinerea obtidos por reprodución vexetativa de material xenético local. A medida que foron estabilizándose os sebes incorporáronse de forma natural novas especies, Fraxinus excelsiorAngelica sylvestrisRosa canina, etc. No caso da Insua de San Roque ademais da recuperación dos sebes tradicionais, tamén se recuperaron os peches de grandes lajas de esquistos (chantos), que foran destruídos ou alterados a medida que o ancho dos novos tractores facíase incompatible co ancho que posuían os antigos camiños, os cales se recuperaron coa intervención realizada para dar cabida aos visitantes deste espazo.

Share