O Xurado do Premio de Arquitectura Juana de Vega concede o Premio dotado con 6.000,00 € a unha vivenda unifamiliar situada en Picoto - Redondela, dos arquitectos D. Jesús Irisarri Castro e Guadalupe Piñera Manso.
Foi distinguida ademais con un accésit, unha obra situada en Montrove – Oleiros.
A Fundación Juana de Vega fixo público esta tarde o fallo do xurado nun acto que estivo presidido pola Conselleira de Vivenda, Dª Teresa Táboas, no que participaron ademais os membros do Xurado, D. Xosé Manuel Casabella López, Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e D. Enrique Sáez Ponte, Presidente da Fundación Juana de Vega.
O Xurado, acordou por unanimidade:
- Conceder o Premio Juana de Vega, para a mellor vivenda unifamiliar rematada en Galiza no ano 2006 aos arquitectos Jesús Irisarri Castro e Guadalupe Piñera Manso, polo seu proxecto en Picoto - Pontevedra. O Xurado valorou especialmente as solucións técnicas, o uso dos materiais e o moderno e elaborado deseño. O proxecto acolle perfectamente a oportunidade que presenta o privilexiado emprazamento sobre a Ría de Vigo, respetando as vistas das vivendas situadas ás súas costas.
- Conceder un Accésit ao seguinte traballo:
Vivienda executada en Montrove – Oleiros, dos arquitectos Plácido Lizancos Mora e Ana Sogo López que destaca por un excelente equilibrio entre o deseño e os usos para os que está prevista, resolvendo con calidade as limitacións dunha parcela de pequena dimensión e cun forte desnivel. Ademáis consigue integrarse ben nun entorno deteriorado por algunhas construccións con debilidades nos criterios formais.
Tras facer público o fallo do xurado, celebrouse o acto de entrega de premios, no que, ademais, os promotores das obras galardoadas recibiron una placa de aceiro conmemorativa.
O xurado estivo formado polo Presidente do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Celestino García Braña, o Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, Xosé Manuel Casabella López, o Presidente da Fundación, Enrique Sáez Ponte, Cristóbal Crespo González, Manuel Caamaño Suárez, Víctor Fernández Freixanes e Marta Rodríguez Fernández.