Durante ese período coordinou os cursos de paisaxismo que se desenvolveron durante 10 anos e dirixiu diversos workshops de arquitectura da paisaxe. Ademais participou en numerosos proxectos sectoriais e de investigación e innovación desenvoltos pola Fundación.
Pedro Calaza Martínez é Doutor enxeñeiro Agrónomo pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor Arquitecto da Paisaxe pola Universidade de Lisboa, autor de diferentes libros vinculados á paisaxe e a súa xestión e de numerosas publicacións científicas. É colaborador habitual en diferentes universidades en varios países onde imparte docencia relacionada coa arquitectura da paisaxe, deseño urbano e implementación de estratexias para a mellora territorial.

As liñas de traballo a desenvolver consolidarán as xa iniciadas pola Escola Galega do Paisaxe Juana de Vega, pero planificaranse novos proxectos vinculados á formación especializada, á mellora da xestión da paisaxe e á resiliencia territorial. Nese sentido, traballarase en temas relacionados coa paisaxe de Galicia, o medioambiente, o turismo, a infraestrutura verde desde un prisma multiescalar e multidisciplinar, en colaboración con diferentes institucións públicas e privadas de Galicia e de ámbito nacional e internacional.
O novo director substitúe no cargo a Isabel Aguirre de Urcola que puxo en marcha a Escola no ano 2008, á fronte da cal desenvolveu un intenso labor para poñer en valor e mellorar o coñecemento da paisaxe de Galicia, tecendo unha rede de relacións a nivel nacional e internacional no ámbito da arquitectura da paisaxe. O seu prestixio e o seu traballo foron determinantes para converter á Escola Galega do Paisaxe Juana de Vega nunha referencia internacional dentro do ámbito do paisaxismo.