Convocado o Premio Juana de Vega na categoría Intervencións privadas no patrimonio construído e a súa contorna

Share

No ano 2023 convócase o Premio Juana de Vega na categoría de INTERVENCIÓNS PRIVADAS NO PATRIMONIO CONSTRUÍDO E A SÚA CONTORNA, que ten por obxecto recoñecer aquelas intervencións que recuperen o patrimonio construído e poñan en valor a súa contorna.

Poden ser candidatos ao premio: autor/es do proxecto ou da intervención, cuxo promotor sexa unha persoa física ou xurídica de natureza privada.
Só se admitirán intervencións realizadas en Galicia, que fosen finalizadas entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 31 de decembro de 2022.

O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto ata o 30 de xuño de 2023 e o fallo do xurado darase a coñecer no último cuadrimestre do ano.


O xurado estará composto por:

Presidente:
— Gonçalo Byrne, Arquitecto Portugués.


Secretario:
— Pedro Calaza Martínez, Doutor Enxeñeiro Agrónomo, Doutor Arquitecto da Paisaxe e Director da Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega.


Vocais:
— Maria Isabel Iglesias Díaz, Doutora en Ciencias Biolóxicas e Profesora Titular do departamento de Produción Vexetal e Proxectos da Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela.
— Teresa Táboas Veleiro, Doutora Arquitecta e Membro do Consello da Unión Internacional de Arquitectos.
— Covadonga Carrasco López, arquitecta en CREUSeCARASCO, con varios galardóns, entre eles o Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe, na categoría de vivendas unifamiliares e o Premio da Bienal de Venecia pola Remodelación do Porto de Malpica.
— Encarna Otero Cepeda, Historiadora e membro do Padroado do Museo do Pobo Galego.
— Jesus Sánchez García, Catedrático de Historia do Arte da Universidade de Santiago de Compostela.
— Enrique Sáez Ponte, Presidente da Fundación Juana de Vega.

O premio terá unha dotación económica de 6.000,00€. Ademais, os premiados recibirán un diploma acreditativo.

A criterio do xurado poderán concederse dous accésits, dotados cada un deles cun diploma e unha cantidade económica de 1.500,00€.

Consulta toda a información nas bases e a convocatoria 2023.

O premio terá unha dotación económica de 6.000€. A criterio do xurado poderán concederse dous accésits, dotados cunha cantidade económica de 1.500€.