
Nesta ocasión contaremos coa presenza de Antonio Angelillo, Arquitecto da paisaxe, director do Centro de Arquitectura de Italia (ACMA) e codirector do Máster de Arquitectura da paisaxe da Universidade de Barcelona.
Angelillo realizará unha exposición sobre á cidade de Milán e a súa relación coa auga, ademais de un repaso aos seus principais traballos e estudos.
A conferencia terá lugar na sede da Fundación eo mércores 4 de maio ás 10:00 h, e será de acceso libre mediante inscrición no seguinte email: info@juanadevega.org.
