As Novas Casas Galegas

Share

A Fundación Juana de Vega presentou na Consellería de Vivenda e Solo, en Santiago, o libro “AS NOVAS CASAS GALEGAS”.
O libro recolle as casas que foron destacadas polos Premios Juana de Vega de Arquitectura entre os anos 2004 e 2006.

A Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, Dª Encarna Otero Cepeda, o Presidente da Fundación Juana de Vega, D. Enrique Sáez Ponte, o Presidente do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, D. Celestino García Braña e o Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, D. Xosé Manuel Casabella López, presentaron no salón de Actos da Consellería de Vivenda e Solo o libro “As novas Casas Galegas: vivendas destacadas nos premios Juana de Vega de Arquitectura 2004-06”.

O libro, que foi editado pola Fundación coa colaboración da Consellería de Vivenda e Solo, recolle fotografías e planos das doce casas que foron destacadas co Premio, Accésit, e Finalista, entre os anos 2004 e 2006 e conta coa colaboración dos arquitectos das obras que fan unha reflexión sobre o seu traballo, a concepción do proxecto, a súa integración no entorno e a resposta que deron ao programa de necesidades dos propietarios.

Con esta publicación, a Fundación Juana de Vega comeza a edición dunha serie ilustrada “As novas casas galegas”, que ten como obxecto contribuír á difusión dos traballos destacados para que sirvan de exemplo dunha tipoloxía de vivenda axeitada para o espazo non urbano de Galicia, que respecta o entorno e mantén a calidade paisaxística do territorio.

A Fundación Juana de Vega presentou na Consellería de Vivenda e Solo, en Santiago, o libro “AS NOVAS CASAS GALEGAS”. O libro recolle as casas que foron destacadas polos Premios Juana de Vega de Arquitectura entre os anos 2004 e 2006.