A realización dos cursos terá unha compoñente teórica na aula e prácticas en finca. A inauguración dos cursos de viticultura será o mércores 22 de febreiro e o de fruticultura o xoves 23 ás 16 horas na Fundación Juana de Vega.
Nos cursos de viticultura traballarase fundamentalmente coas variedades de branco lexítimo e Agudelo.
Como novidade, no curso de fruticultura inclúese 40 horas máis de docencia para poder incidir nos aspectos fundamentais dos tratamentos necesarios para os cultivos. Os froiteiras cos que se traballa son: mazá, castaño, kiwi e pequenos froitos.
Consulta toda a información nos seguintes enlaces:
Curso Básico de viticultura e enoloxía
Curso avanzado de viticultura e enoloxía
Bases técnicas para o desenvolvemento da froiticultura en Galicia
As inscricións deberán realizarse por inscrición nos enlaces web anteriores.
Para calquera dúbida ou consulta, estamos á túa disposición en info@juanadevega.org, no teléfono 981.65.46.37, ou nas nosas redes sociais: Facebook e twitter.