A Fundación Galicia Sustentable instaurou o Premio Somos Paisaxe no marco do convenio de colaboración co Instituto de Estudos do Territorio para a difusión e a divulgación e a participación social sobre a paisaxe.
A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, destacou e agradeceu o traballo impulsado pola Asociación Xuvenil Xuvemprende e a Fundación Blas Ponte de Outeiro de Castro de Rei polo impulso ás iniciativas premiadas, que teñen por obxectivo protexer, coidar e poñer en valor as paisaxes de Galicia.
O proxecto gañador, “Apadriña un castiñeiro” -orientado a devolverlle a vida aos soutos da Serra do Xurés e recuperar os seus castiñeiros- é un proxecto que esixe un compromiso a longo prazo co coidado da árbore apadriñada, non é un compromiso dun día; senón que é un compromiso interxeracional.
A Guía de boas prácticas paisaxísticas na Terra Chá, ten como obxectivo aproximar á poboación a súa paisaxe, descubrir co seu valor e ofrecer unhas recomendacións que axuden a un desenvolvemento sustentable do medio rural e á súa mellora paisaxística, contribuíndo á revitalización patrimonial e socioeconómica da contorna.