O obxectivo da Lei da Cadea Alimentaria foi mellorar o funcionamento e a vertebración da cadea de valor da alimentación e das bebidas, de xeito que aumentase a eficacia e competitividade do sector e menguara o desequilibrio nas relacións comerciais entre os diferentes operadores da cadea de valor. Deste xeito, representou un cambio significativo nas relacións comerciais, con implicacións para todos os actores da cadea.
Coñecedores desta situación, a Fundación Juana de Vega xunto co Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), do que somos entidade socia, organizamos un almorzo informativo para analizar o impacto da Lei da Cadea Alimentaria desde a súa entrada en vigor, así como as súas futuras implicacións e retos para o sector. O encontro terá lugar o xoves, 7 de marzo, en horario de 9:30 a 11:30 horas, no Hotel AC Palacio del Carmen (Santiago de Compostela).
Tras a benvida a cargo de Roberto C. Alonso Ferro, director do Clúster Alimentario de Galicia, e de José Manuel Andrade Calvo, director da Fundación Juana de Vega, a xuntanza contará coa participación de representantes de dúas entidades expertas no eido legal e responsables de revisar o cumprimento desta Lei. A primeira en intervir será Gema Hernández Maroñas, directora da Agencia de Información y Control Alimentarios (AICA) adscrita ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA). Acompañaraa Paula Sevilla Escudero, coordinadora da Área de Cadea e Inspección.
Ambas darán paso a Orlando Pablo Vázquez Yáñez, xefe do servizo da Cadea Agroalimentaria, da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
Simón Beceiro Cagiao, do Departamento de Dereito Mercantil do despacho de servizos xurídicos Garrigues, falará das principais obrigas e problemas actuais da Lei,a sí como das novidades lexislativas que poden afectar á súa aplicación.
Para asistir é preciso inscribirse a través deste formulario antes do 6 de marzo ás 15.00 horas.
Programa