A Escola Galega da Paisaxe organiza as Xornadas de ecodeseño para paisaxes resilientes

Share

A Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega organiza, co patrocinio da Deputación da Coruña, unhas xornadas de ecodiseño para paisaxes resilientes. Terán lugar os días 18, 25 e 26 de novembro na sede da Fundación, en Oleiros.

Con esta iniciativa levaremos os criterios da infraestrutura verde á escala de detalle co obxectivo de alcanzar que as nosas #paisaxes sexan máis resilientes fronte á crise climática, mellorando os servizos ecosistémicos que prestan, especialmente en contornas urbanas.