X Xornadas de Sustratos

Share

A calidade, garantía de suministro e custe dos sustratos son elementos clave para a produción hortícola e de flor ornamental. As crecentes restricións ao uso de turba estimulan a búsqueda de novos materiais para a elaboración de sustratos. O uso de materiais residuais, xeralmente compostados, é cada vez máis común.

Por outra banda, publicáronse protocolos para a determinación das súas caracteríticas, que son empregadas de forma crecente polos laboratorios, e publicouse un Real Decreto sobre comercialización de sustratos de cultivo en España que ten por obxecto garantir a calidade dos mesmos, cuxo efecto sobre os produtores e usuarios analizarase.

Nestas X Xornadas preténdese compartir coñecementos científicos sobre a produción, calidade e usos dos sustratos, favorecendo o contacto entre produtores viveiristas e científicos expertos nesa materia.

Ficheiro:X Congreso da sección de Sustratos da SECH

Fonte:Grupos de Sustratos de la SECH

O Grupo de traballo de Sustratos da Sociedade Española de Ciencias Hortícolas (SECH), a Universidade de Santiago de Compostela e a Estación Fitopatolóxica do Areeiro da Diputación de Pontevedra organizan as “X Xornadas de Sustratos” que celebraranse en Santiago de Compostela.

Con estas Xornadas continúase a traxectoria deste Grupo de traballo, que aproximadamente cada dous anos celebra estas reunión, nas que se debaten os últimos avances na caracterización e emprego de sustratos, os métodos para a súa caracterización, a normativa sobre a súa calidade e usos, a prospección de novos materiais, os problemas sanitarios e o emprego de sustratos en diversos sistemas de cultivo.