Poder e territorio na España do século XIX: Das Cortes de Cádiz á Restauración

Share

A conmemoración do bicentenario da Constitución de 1812 estimula a reflexión sobre a natureza da revolución liberal española e a súa incidencia en todas as dimensións da existencia social, desde o sistema político e as ideoloxías e identidades aos cambios sociais e económicos. A Cátedra Juana de Vega decidiu escoller, para a edición do seu congreso bianual, do que agora se publican as actas, un aspecto, a cuestión territorial, que probablemente non ocupe un lugar central noutras reunións científicas. Trátase non só de analizar o deseño da distribución territorial do poder nas Constitucións e no seu desenvolvemento lexislativo, senón tamén de comprobar a súa aplicación efectiva e de contemplar as actitudes de apoio ou de oposición nas rexións/reinos da Monarquía e as súas relacións coas ideoloxías e cos diversos conxuntos de intereses socioeconómicos en presenza. Esta aproximación busca un mellor coñecemento, por unha banda, das raíces das estruturas das Administracións Públicas españolas en século XIX e, por outro, das orixes das tensións rexionais/nacionais que, aínda que nesta época non están aínda no primeiro plano da axenda política, si o estarán a partir do último cuarto deste século e durante todo o seguinte.

Share

Información da publicación

Justo Beramendi, Xosé Ramón Veiga

274 p. – 170 mm x 240 mm

2014 – ISBN-13: 978-84-16183-00-5

Precio

PVP: 11.5€ + Gastos de envío.