Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2018

Fallo do xurado: Vivendas unifamiliares

Premiados

Finalista

Autores: Quico Jorreto Díaz

Finalista

Autores: Arquitectos Juan Seara e Berta Peleteiro

Accésits

Autores: TRESPES arquitectos

Premio

Autores: Arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco

Acta do Premio Juana de Vega Intervencións na Paisaxe

Categoría de Vivendas Unifamiliares

Oleiros, 25 de setembro de 2018

Asistentes:

  • Presidente
    • Gonzalo Byrne
  • Secretario accidental
    • Enrique Sáez Ponte
  • Vocais
    • Teresa Táboas Veleiro
    • Fernando Agrasar Quiroga
    • Antonio Maroño Cal
    • Rosario Sarmiento Escalona
    • Miguel Fernández Cid

A secretaria do Xurado, Isabel Aguirre escusa a súa asistencia por motivos persoais, actúa como secretario accidental Enrique Sáez Ponte.

O Xurado do Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe, na categoría de Vivendas Unifamiliares, reúnese na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, despois de visitar catro das obras seleccionadas como finalistas na xuntanza do 5 de xullo, xa que unha das obras seleccionadas decidiu retirar a súa candidatura ao Premio. Despois de deliberar, o Xurado do Premio toma por unanimidade os seguintes acordos

  1. Conceder o Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe, na súa categoría de vivenda unifamiliar rematada nos anos 2015, 2016 e 2017, aos arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco pola súa obra “Casa C” situada en Cee. O xurado valorou a calidade xeral do edificio que inclúe múltiples solucións interesantes e novidosas, tanto no emprego dos materiais, con referencias aos que existen na zona, como na transición dos espazos nas tres alturas do edificio ou no muro curvo de madeira que recolle os roupeiros da entrada.
    É de salientar que unha obra de arquitectura tan avanzada se acolle con naturalidade e satisfacción polos propietarios da vivenda, que traballan na zona, e que foi executada por unha empresa da comarca.
  2. Outorgar un accésit a Trespes Arquitectos polo seu proxecto “Rehabilitación e ampliación de vivenda unifamiliar en Elviña”. Compre resaltar o preciso traballo realizado para tirar partido en todos os sentidos -funcionalidade, iluminación natural, illamento térmico- da restauración dunha modesta casiña inserida no pequeno núcleo rururbano de Elviña, dentro do Concello da Coruña. Un exemplo salientábel de respecto aos valores da edificación preexistente e de resolución das necesidades dos seus propietarios, que se manifestan moi compracidos polo resultado.

Asemade, na liña da obra de Elviña que obtivo o accésit, o xurado quere destacar ás outras dúas obras finalistas visitadas no día: A remodelación da “Vivenda en A Lonia (Ourense)”, do arquitecto Kiko Jorreto Díaz, e a “Casa da Viña”, no Concello de Allariz, do arquitecto Juan Seara Oro. Nos dous casos trátase de bos exemplos de recuperación de casas con valor histórico, que ademais de obter a súa adaptación aos fins procurados polos promotores, conseguen un enriquecemento da paisaxe urbana na que están inseridas, mellorando unha contorna afectada por diversos niveis de degradación.

Share