Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2006

Fallo do xurado: Vivendas unifamiliares

Premiados

Accésits

Autores: Alfonso Fernández Bernárdez

Accésits

Autores: Covadonga Carrasco López, Juan José Creus Andrade

Premio

Autores: Gonzalo Crecente Maseda, Xosé Manuel Rosales Noves

Acta final do xurado

En Nos (Oleiros), ás 18 horas, do 05-09-06 reúnese o xurado, composto polas seguintes persoas:

Presidente: Celestino García Braña.

Secretario: Enrique Sáez Ponche.

Vogais: José Manuel Casabella López, Manuel Caamaño Suárez, Víctor Fernández Freixanes, Cristobal Crespo González e Marta Rodríguez Fernández.

Xustifica a súa ausencia o vogal Alexandre Alves Costa.

Na reunión anterior, celebrada o pasado 26 de xuño, seleccionáronse seis obras finalistas entre as 19 presentadas. Todas elas foron visitadas con posterioridade por membros do xurado. Se Procece a revisar e valorar a información sobre as finalistas e tras un debate toma os seguintes acordos:

  1. Conceder, por maioría, o Premio Juana de Vega, para a mellor vivenda unifamiliar terminada en Galicia no ano 2005 aos arquitectos Gonzalo Crecente Maseda e Xosé Manuel Rosales Noves, polo seu proxecto executado no lugar de Tellada (Betanzos). O xurado valorou especialmente o equilibrio entre un bo deseño, que concorda cos usos previstos, coa integración da obra na súa contorna natural, nun pequeno bosque de carballos, bidueiros e castiñeiros, ao que tamén contribúen os materiais empregados, con predominio de madeira.
  2. Conceder, por unanimidade, dúas accesits aos seguintes traballos:
    • Vivenda executada en Toba (Cee), dos arquitectos Covadonga Carrasco López e Juan José Creus Andrade, que destaca pola solución adoptada, en base a dúas volumenes baijo unha cuberta a dúas augas investida, que permite solucionar eficazmente a pendente do terreo, os requerimentos dunha familia de catro persoas e o aproveitamento das privilexiadas vistas sobre a costa, respectando un vello exemplar de carballo autóctono.
    • Vivenda construída en Lians (Oleiros) do arquitecto Alfonso Fernández Bernárdez. O xurado valorou a moderna solución volumétrica establecida, resolta con elegancia e precisión, que permite manter espazos de intimidade para a familia que a habita nunha área moi urbanizada.

Por último o Xurado quere destacar a alta calidade xeral dos traballos premiados que dificultou a súa tarefa de decisión e citar, para que así consten, os outros tres finalistas:

  • Casa na praia de Espiñeiro en Mera (Oleiros) de Andrés Soto Núñez.
  • Vivenda en Barreiros, A Mariña, de Carlos Quintás Eiras.
  • Casa rehabilitada en Francos (Maceda) de Ana Recuna Carrasco.
Share