O proxecto DOWN-TO-EARTH aborda o desafío do despoboamento para mellorar a resiliencia ambiental nas zonas rurais. A través da cooperación de Galicia con outras rexións europeas, vaise traballar no desenvolvemento das políticas e instrumentos de desenvolvemento rural que permitan, unha xestión máis eficaz e eficiente do capital natural das zonas rurais, así como reducir o risco e impacto dos desastres ambientais e xerando, ao mesmo tempo, oportunidades económicas e sociais que atraian á poboación ás zonas rurais.
A Fundación Juana de Vega participa no consorcio xunto con outros sete socios entre os que se atopa a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, líder do proxecto, e socios europeos de rexións que comparten desafíos semellantes en Italia, Alemaña, Grecia, Romanía, Países Baixos e Eslovenia.
O eixe central do proxecto xorde da necesidade de abordar as consecuencias do cambio climático. Durante os próximos catro anos, os socios traballarán conxuntamente co obxectivo de identificar e promover boas prácticas para a xestión, mantemento e mellora do capital natural das zonas rurais que permitan reducir o risco de desastres ambientais como os incendios forestais, xerando ao mesmo tempo oportunidades económicas e sociais que poden atraer poboación ás zonas rurais.
Conferencia inicial en Santiago de Compostela
Os días 29 e 30 de xuño, os socios de DOWN-TO-EARTH reunirémonos en Santiago de Compostela (España) para celebrar o primeiro encontro presencial. O evento promete dous días produtivos de colaboración e debates. O xoves centrarémonos nas reunións internas, incluídos os comités de dirección e xestión. Será unha oportunidade para aliñar obxectivos e estratexias. Ao día seguinte, o venres terá lugar a conferencia inaugural do proxecto DOWN-TO-EARTH, de asistencia libre. Por parte da Fundación Juana de Vega participarán o director da entidade, José Manuel Andrade Calvo, e o director del área de Investigación e Innovación, Alfonso Ribas Álvarez.
Os interesados en acudir, poden inscribirse no seguinte formulario:
https://agader.xunta.gal/gl/agader/proxectos-europeos/down-to-earth/inscricion-down-to-earth
Ver aquí o programa da conferencia inicial DOWN-TO-EARTH:
O consorcio DOWN-TO-EARTH está integrado por:
- Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER (España), líder
- Fundación Juana de Vega (España)
- Municipality of Campobasso (Italia)
- National Meteorological Administration (Rumanía)
- Regionalverband Neckar-Alb (Alemania)
- University of Patras (Grecia)
- ISOCARP Institute (Países Baixos)
- BSC, Business support centre L.t.d., Kranj (Eslovenia)