I xornadas de comercialización agroalimentaria

Share

As xornadas contan coa colaboración da Consellería de Medio Rural e a Universidade de A Coruña.

Oleiros, 21 de novembro 2008.- Todos os indicadores e estudos poñen de manifesto que a industria agroalimentaria galega debe afrontar novos retos para adaptarse as novas demandas do consumidor e da distribución comercial, ao que se lle suman factores do entorno derivados dos cambios no marco normativo. A competitividade, a eficiencia na distribución, a profesionalización, a calidade e o respeto ao medio ambiente, son algúns dos retos que o sector deberá afrontar nos próximos anos.

A Fundación, consciente de esta realidade, organiza as “I Xornadas de comercialización agroalimentaria. Retos e oportunidades na distribución de produtos agroalimentarios” co obxectivo de promover a transmisión de coñecementos mediante a constitución dun foro no cal os asistentes intercambien experiencias e desenvolvan de maneira conxunta oportunidades potenciais para as súas empresas.

As xornadas, que foron inauguradas polo Presidente da Fundación, D. Enrique Sáez e o Director Xeral de Produción, Industria e Calidade Agroalimentaria da Xunta de Galicia, D. Antonio Oca, repártense en tres sesións que combinan a formación teórica con as experiencias de empresas que operan tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas para que expliquen como afrontan a problemática sectorial no seu día a día.

A conferencia inaugural dedicada aos novos canais de distribución foi impartida por D. José Miguel Herrero Velasco, Subdirector Xeral de Industria, Innovación e Comercialización Agroalimentaria do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño (M.A.R.M.).

Na sesión de hoxe venres participaron tamén o Catedrático da Universidade de A Coruña, D. Andrés Faiña Medín que analizou a concentración empresarial en Galicia e o Catedrático de Economía Agraria da Universidade Politécnica de Madrid, D. Julián Briz Escribano que analizou as novas tendencias na comercialización agroalimentaria..

Para as experiencias empresariais contouse coa Sociedade Cooperativa de Comercialización Agroalimentaria (COATO) con sede en Murcia, ENVASADOS LOLA, S.C.A., cooperativa formada unicamente por mulleres e premio meridiana 1999 do Instituto Andaluz da Muller e HUERCASA, que explicaron a problemática inherente á implantación de sistemas e modelos de calidade e medio ambiente, a comercialización de produtos ecolóxicos e a utilización de novos canles de distribución.

A sesión de mañá sábado estará dedicada ao estudo dos instrumentos de apoio á internacionalización e ás estratexias de comercialización de mercados exteriores para o que se contará coa participación das empresas Galegas Conservas portomuiños, marrón glace, S.L. E Pescapuerta, S.A.

A Fundación Juana de Vega no marco das súas iniciativas de formación en xestión de empresas agroalimentarias, organiza as I Xornadas de comercialización agroalimentaria, nas que se analiza a problemática inherente á comercialización e distribución das empresas agroalimentarias galegas.