Parador Nacional de Monforte de Lemos
15 e 16 de novembro de 2019
No ano 2019 convócase o Premio na categoría de INTERVENCIÓNS EN ESPAZOS EXTERIORES, que ten por obxecto recoñecer aquelas intervencións realizadas en espazos exteriores tanto públicos como privados que contribúan a mellorar a calidade da paisaxe.
A Fundación Juana de Vega a través da Escola Galega da Paisaxe en colaboración coa Fundación Eduardo Pondal e o patrocinio do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda organiza o Obradoiro: Revitalizar a paisaxe rural. Aldea de Couto no marco das súas actividades co obxectivo de promover o estudo, a investigación, a formación, a difusión e o intercambio de coñecementos, e a sensibilización e concienciación da sociedade en materia de paisaxe.
Vilas en Flor é un programa anual que recoñece en forma de galardóns, chamados Flores de Honra, a traxectoria e as accións levadas a cabo polos municipios galegos na mellora e potenciación dos espazos verdes urbanos, a súa xestión sustentable, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna.
Trátase dun proxecto que pretende ampliar e completar a identificación e caracterización de variedades de oliveira autóctona galega, así como analizar as características dos aceites elaborados coas devanditas variedades.
O deseño da Infraestrutura Verde da Área da Coruña trátase dun proxecto pioneiro en Galicia que pode asentar as bases metodolóxicas para outras zonas da comunidade.
Durante os anos 2013 e 2014, a Fundación Juana de Vega, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e a Universidade de Santiago de Compostela, desenvolveron o proxecto “Propiedade, Mobilidade de Terras e Valorización Territorial”.
A Fundación Juana de Vega é unha entidade non lucrativa, de interese público galego e de natureza privada, constituída no ano 1872 por Dª Juana de Vega, unha muller ilustrada e liberal, que ao finar sen descendencia, deixou todo o seu patrimonio para constituír esta Fundación, co obxectivo de mellorar as condicións de vida das persoas que vivían no medio rural.
O Observatorio Eólico de Galicia (OEGA) é unha ferramenta de investigación, información, asesoramento e consulta para todas as persoas, empresas e colectivos interesados na enerxía eólica de Galicia.