O consorcio do proxecto DOWN TO EARTH acaba de publicar, en inglés e en español, o seu primeiro boletín de novidades no que resume as accións executadas desde a pasada primavera, momento de inicio da actividade. Na publicación destaca o vídeo de presentación no que se describe o contexto de actuación, os obxectivos e retos anuais ata 2027 e se presenta a cada un dos 8 socios.

Ademais, faise eco do comité de xestión, do comité directivo e da conferencia inaugural que organizou en Santiago de Compostela o socio líder, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural co apoio da Fundación Juana de Vega. Os seguintes encontros a destacar foron as catro reunións rexionais en Grecia, Alemaña e Romanía.
No boletín, tamén se reservou un espazo para próximos eventos, entre os que se atopa a visita de estudo a Campobasso (Italia), do 11 ao 13 de setembro, e á que acudirá o director da Área de Investigación e Innovación da Fundación, Alfonso Ribas, xunto cunha técnica.
Os interesados en recibir o boletín poden subscribirse aquí.
Actuar contra o cambio climático
DOWN TO EARTH é un proxecto cofinanciado por Interreg Europe e impulsado por un consorcio de 7 países (Alemaña, Eslovenia, España, Grecia, Italia, Países Baixos, Romanía) que, nos próximos catro anos, unirá esforzos para mellorar os instrumentos políticos dos seus territorios contra a despoboamento, o envellecemento da poboación nas zonas rurais e os efectos do cambio climático. O seu consorcio está formado por:
- Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER (España), líder
- Fundación Juana de Vega (España)
- Comuni di Campobasso (Italia)
- National Meteorological Administration (Rumanía)
- Regionalverband Neckar-Alb (Alemania)
- University of Patras (Grecia)
- BSC, Business support centre L.t.d., Kranj (Eslovenia)
- ISOCARP Institute (Países Baixos)