Aberto un proceso selectivo para xestión e coordinación do proxecto ECOSPHEREWINES

Share

A Fundación Juana de Vega mantén aberto ata o sábado, 13 de xaneiro de 2024 un proceso de contratación para traballar na execución e xestión do proxecto europeo INTERREG SUDOE “ECOSPHEREWINES. Mellora de servizos ecosistémicos e infraestruturas verdes en zonas vitícolas de alto valor ecolóxico”, aprobado na primeira convocatoria do programa SUDOE 2021-2027 e do que é principal beneficiaria. O obxectivo deste proxecto é mellorar os servizos ecosistémicos que prestan as paisaxes agrarias do viñedo mediante a implantación dunha rede de infraestruturas verdes en zonas de alto valor ecolóxico como estratexia centrada na súa conservación e xestión sostible, buscando a mellora da biodiversidade e aumentando a súa resiliencia fronte ao cambio climático. 

A Fundación Juana de Vega busca incorporar ao seu equipo un/ha titulado/a superior para darlle apoio na xestión e coordinación da execución técnica deste proxecto. 

Ver descrición completa da vacante e requisitos aquí [sección Traballa con nós]