A presentación onte do libro "Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872). Hacer en el siglo" (versión en castelán, editada por Marcial Pons) no Ateneo de Madrid foi unha magnífica oportunidade para continuar divulgando a figura e obra da nosa fundadora.
Acompañando ao autor, Xosé Ramón Veiga, estiveron os catedráticos de Historia Contemporánea Juan Sisinio Pérez Garzón (Universidad de Castilla-La Mancha) e Mari Cruz Romeo (Universitat de Valéncia), así como o tamén catedrático de Historia Contemporánea (Universidade de Santiago de Compostela) e patrono da Fundación Juana de Vega, Ramón Villares, que moderou e conduciu o acto. Asistiu tamén o presidente da entidade, Enrique Sáez Ponte.
Foi unha presentación cunha moi boa acollida xa que se ocuparon todas as prazas dispoñibles na sala Ramón y Cajal (Sección Ciencias Históricas) e a charla prolongouse unhas dúas horas. Durante a quenda de preguntas, algúns asistentes tamén se animaron a ampliar a información sobre Juana de Vega con consultas aos relatores.