Durante case un ano e medio, a Fundación Juana de Vega (A Coruña) e a empresa Agroassessor (Girona) promovemos as "Xornadas e seminarios técnicos para o impulso da agricultura rexenerativa e sostible" (ver máis información aquí) de forma conxunta entre Galicia e Cataluña subvencionadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Esta formación é a segunda das xornadas técnicas sectoriais programadas, que cunha duración de 7 horas permitirá un achegamento específico á produción de viñedo rexenerativo.
A viticultura rexenerativa trata de restablecer o ecosistema natural a partir de técnicas que respectan e aumentan a biodiversidade do ecosistema e, por tanto, fano máis resiliente aos cambios. Ademais, mitigan os efectos do cambio climático sen perder calidade no produto final.
Con prácticas de viticultura rexenerativa obsérvase unha mellora notable na calidade do chan, da uva e dos viños.
Os viñedos vólvense máis resistentes ás variacións climáticas e aos extremos meteorolóxicos, asegurando a súa sostibilidade a longo prazo.
Nesta xornada técnica abordaranse os aspectos claves e específicos da produción de viña con modelos rexenerativos. Abórdanse as ferramentas e técnicas claves para ter viñedos rendibles con modelos produtivos respectuosos, centrados na rexeneración do chan, a biodiversidade e a saúde do ecosistema.
OBXECTIVOS
Ao final da xornada, os participantes coñecerán as principais técnicas e ferramentas da xestión rexenerativa que se aplican á produción de viña e serán capaces de seleccionar as máis adecuadas o seu tipo de proxecto produtivo.
FACILITADORA: Ester Pérez García

Ester Pérez García é bióloga e especialista en viticultura rexenerativa, con máis de 20 anos de experiencia no sector vitivinícola. Licenciada en Bioloxía e con formación pedagóxica, desenvolveu a súa traxectoria profesional liderando a xestión técnica de viñedos e oliveirais, destacando os seus 18 anos como responsable de viticultura en Espelt Viticultors.
Actualmente é directora de proxectos e responsable da área de consultoría en The Regen Academy, onde coordina proxectos en agricultura rexenerativa e exerce como formadora. Foi unha da profesionais clave na definición das bases técnicas da viticultura rexenerativa dentro da academia. Asesorou a adegas de referencia, achegando un enfoque rigoroso, práctico e orientado á rendibilidade, a saúde do solo e á sostibilidade a longo prazo.
DATAS
Galicia: 12 febreiro 2026 (xoves)
Cataluña: 19 febreiro 2026 (xoves)
MODALIDADE
Presencial Galicia: Sede da Fundación Juana de Vega
Avda. Salvador Allende, 92. Parroquia San Pedro de Nós. 15176 Oleiros, A Coruña
[Ver en Google Maps]
Presencial Cataluña: Finca Can Font
Carrer del Mar, 5. 17493 Marzà (Girona)
[Ver en Google Maps]
GRUPO OBXECTIVO
Produtores e asesores agrarios
DURACIÓN
7 horas
PRAZAS
Limitadas: 15
DATA MÁXIMA DE INSCRICIÓN: luns, 2 de febreiro (edición Galicia) luns 9 de febreiro edición Cataluña*
* Pídese aos admitidos compromiso de participación xa que a listaxe de alumnos ten que serr comunicado ao MAPA con 10 días de antelación.
INSCRICIÓN
Cerrada

