A Semana Verde da Comisión Europea é o maior evento anual da axenda medioambiental de Europa e este ano está dedicado ás cidades, para explorar como a Unión Europea está contribuíndo a mellorar as cidades como lugares para vivir e traballar. Co título Cidades Verdes para un Futuro Máis Verde trátase de destacar os avances en materia de calidade do aire, auga, ruído, xestión de residuos, natureza e biodiversidade, así como de implicar á cidadanía nesta visión dun futuro sostible.
Dentro do programa da EU Green Week a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio organiza un evento sobre a Infraestrutura Verde da Área da Coruña, como exemplo de planificación ambiental estratéxica nunha área urbana.
No evento Isabel Aguirre de Urcola, directora da Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega, presentará o proxecto do deseño da Infraestrutura Verde coordinado por la Fundación Juana de Vega, no que tamén participan a ADR Mariñas Betanzos e o Instituto Tecnolóxico de Galicia.
Se estás interesado/a en participar resulta necesario confirmar a asistencia, dado que o aforo é limitado, mediante correo electrónico a secretaria.iet@xunta.gal ou no teléfono 981 541 755 / 981 541 756.
Para máis información podes consultar o programa da xornada.