Entrevista a José Manuel Andrade Calvo na revista especializada "ECO"

Share

A revista ECO Revista do Eixo Atlántico entrevista no seu último número de xaneiro ao director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade Calvo, con motivo da presentación do informe "O sector cárnico en Galicia. Propostas para o futuro", do que é coautor xunto a Alfonso Ribas, director de Innovación e Investigación da nosa entidade.

"Son optimista sendo consciente de que, sobre todo ou vacún de carne, vai sufrir unha reconversión para fortalecerse", destaca Andrade Calvo no titular. Acceder e ler a entrevista completa aquí.

O estudo "O sector cárnico en Galicia. Propostas para o futuro" foi promovido e editado polo Foro Económico de Galicia e pode consultarse na súa web aquí.