Xornadas técnicas sobre cubiertas vexetais

Outubro 2011

Sede Fundación Juana de Vega

Mediante a introdución das novas solución técnicas, a xardinaría pode ser o complemento ideal para a bioconstrución e a arquitectura sostible.

Mediante a introdución das novas solución técnicas, a xardinaría pode ser o complemento ideal para a bioconstrución e a arquitectura sostible. As cubertas vexetais son un exemplo perfecto da aplicación da xardinaría ás novas tendencias arquitectónicas que permiten converter dunha forma ecolóxica e intelixente, tellados e azoteas en xardíns. As novas áreas de aplicación das cubertas axardinadas diríxennos cara un futuro inmediato de proxectos fascinantes, xa que ningún outro elemento da arquitectura sostible desenvolveu de forma tan rápida tantas innovacións técnicas.

Axenda

9.30h Presentación das xornadas e entrega de material.

Isabel Aguirre de Urcola, arquitecta, Directora da Escola Galega da Paisaxe. Fundación Juana de Vega.

10.00h Base técnica de cubertas.

Isabel Castillo Vega, paisaxista e Secretaria da Asociación Española de Cubiertas Verdes.

Vantaxes económicas e ecolóxicas das cubertas vexetais. Formas, pendentes, sobrecargas e espesores das cubertas, impermeabilización, tipo de cubertas (extensivas ou intensivas) e aspectos xerais das necesidades específicas do sustrato e dos condicionantes da selección da vexetación en función do tipo de cuberta.

10.45h Cubertas especiais.

Artur Pereira Fernández, Xerente de ZinCo Cubiertas Ecológicas, S.L. e vicepresidente do Gremio de empresas de xardinería de Cataluña:

Cubertas con dificultades específicas, inclinadas (cargas e forzas de empuxe), transitables e con acceso de vehículos, cubertas sostibles con almacenamento e reutilización de auga de choiva e casos excepcionais ou con interese especial.

11.30h Pausa café

12.00h Casos prácticos en Galicia.

Juan Penabad Muras y de Beatriz Feal López, técnicos da empresa Érbedo Jardinería y Paisajismo,S.L.

Obras realizadas en Galicia pola empresa, con especial atención a dous casos excepcionais:

Cuberta plana con límite curvo en vivenda unifamiliar en Oleiros (A Coruña) e acondicionamento exterior dun Complexo Hostaleiro en Barreiros (Lugo) con aplicación de sistemas de pavimentos e firmes transitables con función drenante. Cubertas axardinadas excepcionais realizadas por empresas colaboradoras: Aeroporto de Ibiza. Solución técnica específica para a execución de cada cuberta.

13.00h Quenda de preguntas e mesa redonda.

Preside e modera Pedro Calaza Martínez.
Doutor Enxeñeiro Agrónomo: Membro do Comité de Expertos da Escola Galega da Paisaxe.

14.00h Clausura e despedida.

DESCARGAS