Durante case un ano e medio, a Fundación Juana de Vega (A Coruña) e a empresa Agroassessor (Girona) promovemos as "Xornadas e seminarios técnicos para o impulso da agricultura rexenerativa e sostible" (ver máis información aquí) de forma conxunta entre Galicia e Cataluña subvencionadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Esta xornada é a quinta e última das xornadas técnicas sectoriais programadas, que, cunha duración de 7 horas, abordará os aspectos claves e específicos da produción de carne con enfoque rexenerativo.
Abórdanse as ferramentas e técnicas claves para a produción de carne en explotacións rendibles con modelos produtivos holísticos respectuosos, centrados na rexeneración do chan, a biodiversidade e a saúde do ecosistema.
OBXECTIVOS
Ao final da xornada técnica os participantes coñecerán as principais técnicas e ferramentas da xestión rexenerativa que se aplican á produción carne e serán capaces de seleccionar as máis adecuadas o seu tipo de proxecto produtivo.
FACILITADOR EN GALICIA: Antonio Tucci

Gandeiro e biólogo ambiental, mestrado en Agricultura e Gandería Ecolóxicas. A partir dunha formación centrada na conservación do medio ambiente, desenvolveu a súa carreira en formas sostibles e rendibles de producir alimentos. Isto levouno a abrir a súa propia explotación gandeira en Vilariño de Conso (Ourense) ao tempo que asesoraba e impartía formación sobre agricultura rexenerativa e gandería por toda a Península. Hoxe dispón de máis de 3.000 hectáreas nas que aplica prácticas rexenerativas.
Facebook: Naturaleza Holística
Facebook: Ganadería Val do Conso
X: Naturaleza Holística
Instagram: @ganaderiavaldoconso
FACILITADORA EN CATALUÑA: Nuri Madeo Salvà

Nuri Madeo é enxeñeira técnica agrícola en The Regen Academy, onde desenvolve e facilita procesos de formación especializados en agricultura rexenerativa e manexo holístico.
Cunha sólida base técnica e experiencia práctica en campo, está especializada no deseño de sistemas gandeiros e agrícolas rexenerativos, integrando criterios de eficiencia produtiva, saúde do chan e rexeneración de ecosistemas. O seu enfoque combina visión estratéxica e aplicabilidade operativa, orientado á toma de decisións en sistemas de produción de carne rexenerativa.
Nas formacións, achega unha mirada práctica e estruturada sobre como implantar modelos de gandería rexenerativa, facilitando a comprensión dos principios crave e a súa tradución á xestión diaria das explotacións.
DATAS
Cataluña: martes, 9 de xuño | 9:00-17:00h
Galicia: mércores, 10 de xuño | 9:30-18:00h
MODALIDADE
Presencial en Galicia:
AA. VV. Painceiras - Local Ribadeume, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)
[Ver como chegar en Google Maps]
Visita a Gandería Roidiz, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)
[Ver como chegar en Google Maps]
Presencial en Cataluña:
Finca Can Font
Carrer del Mar, 5. 17493 Marzà (Girona)
[Ver como chegar en Google Maps]
GRUPO OBXECTIVO
Produtores e asesores agrarios
DURACIÓN
7 horas
PRAZAS
Limitadas: 15
DATA MÁXIMA DE INSCRICIÓN: venres, 29 de maio (14:00h)*
* Pídese aos admitidos compromiso de participación xa que a listaxe de alumnos ten que ser comunicado ao MAPA con 10 días de antelación.
INSCRICIÓN
No seguinte formulario:

