Durante case un ano e medio, a Fundación Juana de Vega (A Coruña) e a empresa Agroassessor (Girona) promovemos as "Xornadas e seminarios técnicos para o impulso da agricultura rexenerativa e sostible" (ver máis información aquí) de forma conxunta entre Galicia e Cataluña subvencionadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Esta xornada é a cuarta das xornadas técnicas sectoriais programadas, que, cunha duración de 7 horas, abordará os aspectos claves e específicos da produción de leite con enfoque rexenerativo.
Abórdanse as ferramentas e técnicas claves para a produción de leite en explotacións rendibles con modelos produtivos holísticos respectuosos, centrados na rexeneración do solo, a biodiversidade e a saúde do ecosistema.
OBXECTIVOS
Ao final da xornada técnica os participantes coñecerán as principais técnicas e ferramentas da xestión rexenerativa que se aplican á produción leite e serán capaces de seleccionar as máis adecuadas o seu tipo de proxecto produtivo.
FACILITADOR: Yann Pouliquen Kerlau

Agroecólogo e enxeñeiro agrónomo, é xerente de Xestión Agrogandeira e Natureza SL, consultoría en pastoreo, produción ecolóxica e xestión técnico económica.
Traballou como técnico en horta ecolóxica e produción integrada. Tamén traballou en cooperativa e sindicato como técnico de xestión en produción leiteira.
Ten 30 anos de experiencia no sector da produción ecolóxica, os últimos 20 como asesor e formador independente, especializado en técnicas de pastoreo. É o único formador Obsalim© (metodoloxía de avaliación de eficiencia da ración de ruminantes) acreditado para todo o territorio español.
Participou en numerosas conferencias e publicacións sobre produción ecolóxica de horta e leite,xestión técnico-económica e pastoreo.
Web: https://xestionagrogandeiraenatureza.blogspot.com/
Facebook: https://www.facebook.com/xangalicia
Instagram: xestionagrogandeiraenatureza
Linkedin: Xan Pouliquen Kerlau
Youtube: https://www.youtube.com/@elpastotuber3098
DATAS
Galicia: martes, 14 abril | 9:30-18:00h
MODALIDADE
Presencial en:
EFA Fonteboa, Coristanco (A Coruña)
[Ver como chegar en Google Maps]
Visita a Gandería Casais, Cabana de Bergantiños (A Coruña)
[Ver como chegar en Google Maps]
GRUPO OBXECTIVO
Produtores e asesores agrarios
DURACIÓN
7 horas
PRAZAS
Limitadas: 15
DATA MÁXIMA DE INSCRICIÓN: luns, 6 de abril (14:00h)*
* Pídese aos admitidos compromiso de participación xa que a listaxe de alumnos ten que serr comunicado ao MAPA con 10 días de antelación.
INSCRICIÓN
No seguinte formulario:

