Xornada técnica sectorial 3 | Manexo rexenerativo de froiteiras e cultivos leñosos

17 marzo (Cataluña) | 24 marzo (Galicia)

Finca Can Font | Sede Fundación Juana de Vega

Durante case un ano e medio, a Fundación Juana de Vega (A Coruña) e a empresa Agroassessor (Girona) promovemos as "Xornadas e seminarios técnicos para o impulso da agricultura rexenerativa e sostible" (ver máis información aquí) de forma conxunta entre Galicia e Cataluña subvencionadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. 

Esta xornada é a terceira das xornadas técnicas sectoriais programadas que, cunha duración de 7 horas, abordará os aspectos clave e específicos da produción de froiteiras e outros cultivos leñosos. Revisaranse as ferramentas e técnicas claves para ter plantacións froiteiras rendibles con modelos produtivos respectuosos, centrados na rexeneración do chan, a biodiversidade e a saúde do ecosistema.


OBXECTIVOS
Ao final da xornada técnica, os participantes contarán cos criterios técnicos e estratéxicos necesarios para deseñar, implantar e xestionar plantacións de froiteiras e cultivos leñosos baixo un enfoque rexenerativo, optimizando a saúde do chan, a eficiencia no uso de recursos, a redución de insumos externos e a rendibilidade sostible da explotación.

FACILITADOR: Martí Vila

Martí Vila é enxeñeiro técnico agrícola pola Universitat de Girona, especializado en explotacións agropecuarias, con máis de 20 anos de experiencia en fruticultura, xestión de explotacións e consultoría agrícola. Desde 2022 forma parte de The Regen Academy como asesor, consultor e formador en agricultura rexenerativa, completando o Máster en Agricultura Rexenerativa 360º. Nos últimos anos asesorou e deseñou proxectos orientados á transición cara a modelos produtivos máis resilientes, rendibles e sostibles.
A súa traxectoria inclúe o asesoramento técnico en explotacións frutícolas —especialmente en mazá, pera, froita de óso, oliveiral e horticultura—, así como funcións de responsable de explotación, liderado de equipos e xestión de proxectos de innovación. Conta ademais con experiencia en manexo holístico aplicado ao pastoreo rexenerativo, diagnóstico e fertilidade de chans e sanidade en fruticultura ecolóxica. Complementa o seu perfil con experiencia docente en formación profesional agraria, achegando unha formación práctica, técnica e orientada a resultados reais en campo.



DATAS
Cataluña:
martes, 17 marzo 2026 | 9:00-17:00h
Galicia: martes, 24 marzo 2026 | 9:30-18:00h

MODALIDADE
Presencial Galicia: Sede da Fundación Juana de Vega
Avda. Salvador Allende, 92. Parroquia San Pedro de Nós. 15176 Oleiros, A Coruña
[Ver en Google Maps]

Presencial Cataluña: Finca Can Font
Carrer del Mar, 5. 17493 Marzà (Girona)
[Ver en Google Maps]

GRUPO OBXECTIVO
Produtores e asesores agrarios

DURACIÓN
7 horas

PRAZAS
Limitadas: 15

DATA MÁXIMA DE INSCRICIÓN: venres, 6 de marzo na edición Cataluña; e venres, 13 de marzo na edición Galicia.*
* Pídese aos admitidos compromiso de participación xa que a listaxe de alumnos ten que serr comunicado ao MAPA con 10 días de antelación. 

INSCRICIÓN
No seguinte formulario:

Axenda

Martes, 17 marzo 2026 – EDICIÓN CATALUÑA. Horario: 9:00 – 17:00h
Martes, 24 marzo 2026 – EDICIÓN GALICIA. Horario: 9:30 – 18:00h

  • Preparación do terreo e implantación.
  • Instalación da rega, marco e plantación.
  • Xestión do chan e das adventicias.
  • Mecanización.
  • Estratexias para substituír os herbicidas.
  • Nutrición das árbores paso a paso.
  • Fertilización, achega de nutrientes en fruticultura rexenerativa.
  • Fertilizantes JADAM.
  • Análise e conclusións

*Pausa con comida incluída.

INFORMACIÓN XERAL
As “Xornadas e seminarios técnicos para o impulso da agricultura rexenerativa e sostible” contan cun orzamento de 104.823,6€ achegados polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación con cargo á subvención para o Intercambio de coñecementos e actividades de formación e información de ámbito supraautonómico, destinadas ao sector agroalimentario e forestal. Están cofinanciadas nun 43% por FEADER e nun 57% por fondos da Administración Xeral do Estado.

ProgramaXornadasRexenerativas_A4_GL