Durante case un ano e medio, a Fundación Juana de Vega (A Coruña) e a empresa Agroassessor (Girona) promovemos as "Xornadas e seminarios técnicos para o impulso da agricultura rexenerativa e sostible" (ver máis información aquí) de forma conxunta entre Galicia e Cataluña subvencionadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Esta é a primeira das xornadas técnicas sectoriais programadas que, cunha duración de 6 horas, permitirá un achegamento específico á produción de horta rexenerativa biointensiva.
OBXECTIVOS
Ao final da xornada, os participantes coñecerán as principais técnicas e ferramentas da xestión rexenerativa que se aplican á produción hortícola biointensiva e serán capaces de seleccionar as máis adecuadas o seu tipo de proxecto produtivo.
FACILITADOR CATALUÑA: Sixto Cabiró Fernández
Consultor e formador de The Regen Academy SL. Especializado en paisaxismo e urbanismo sostible, e experto en agricultura rexenerativa.

FACILITADOR GALICIA: Guillermo Rodríguez Barreiro
Enxeñeiro Agrónomo con máis de vinte anos de experiencia en proxectos agroecolóxicos en ecosistemas tropicais (Centroamérica) e tépedos (Europa). Titulado como Enxeñeiro Técnico Agrícola (Universidade de Vigo, 2000) e Enxeñeiro Agrónomo Superior (Universidade Nacional Agraria de Nicaragua, 2017). Certificado como Mestre en Agricultura Biointensiva por Ecology Action (EE.UU.) e Analista de Solos pola Grow Your Soil (EE.UU.). Impartiu máis de cincuenta formacións sobre agricultura biointensiva nos últimos 8 anos. Especialista en deseño de sistemas sostibles e recomendacións de emendas para mellorar a fertilidade do solo.
O método biointensivo
A agricultura biointensiva é un sistema que combina a produción de alimentos con alta eficiencia e eficacia no uso de recursos avanzando cara a un sistema pechado de manexo da fertilidade do chan, destacando a alta produción nun espazo reducido e usando ferramentas de baixa tecnoloxía.
Este método desenvolvido en Estados Unidos hai máis de 50 anos está a se poñer en práctica con éxito por millóns de persoas en máis de 150 países ao redor do mundo, practicamente en todos os climas e chans onde se producen alimentos.
Vantaxes do método biointensivo:
- Non uso agroquímicos, pesticidas, herbicidas e redución ao mínimo no uso de maquinaria ou combustibles fósiis.
- Produce e recupera chan 60 veces máis rápido que a natureza polo que se considera unha agricultura rexenerativa.
- Ten a capacidade de producir colleitas de 2 a 6 veces maiores que a agricultura convencional usando:
- 66 ao 88% menos auga.
- Menos do 10% de enerxía en todas as súas formas.
- 50% ou menos de compra de fertilizantes.
- Incremento de ingresos e mellora do chan.
DATAS
Cataluña: 16 xaneiro 2026 (venres)
Galicia: 23 xaneiro 2026 (venres)
MODALIDADE
Presencial Cataluña:
Horta comunitaria de Horta amb Gràcia
Carretera Alta de Roquetes, 56-58 (Horta-Guinardó), Barcelona
[Ver en Google Maps]
Presencial Galicia: Sede da Fundación Juana de Vega
Avda. Salvador Allende, 92. Parroquia San Pedro de Nós. 15176 Oleiros, A Coruña
[Ver en Google Maps]
GRUPO OBXECTIVO
Produtores e asesores agrarios
DURACIÓN
6 horas
PRAZAS
Limitadas: 15
DATA MÁXIMA DE INSCRICIÓN: venres, 9 de xaneiro*
* Pídese aos admitidos compromiso de participación xa que a listaxe de alumnos ten que serr comunicado ao MAPA con 10 días de antelación.
INSCRICIÓN
No seguinte formulario:

