Defender o prezo dun produto é hoxe unha decisión estratéxica. Nun contexto de mercados cada vez máis competitivos, é fundamental saber fixar prezos con criterio, comunicar valor e reforzar a rendibilidade. Nesta xornada de formación continúa na que volvemos colaborar coa EFA Piñeiral (Arzúa, A Coruña), abordaremos estas claves combinando visión experta e experiencias reais de empresas agroalimentarias galegas de referencia.
OBXECTIVOS
Ao remate da xornada, os participantes:
- Entenderán as claves da fixación de prezos no sector agroalimentario.
- Aprenderán a defender o valor do seu produto e a non basear o prezo exclusivamente no custo, incorporando percepción de valor e segmentación.
- Coñecerán casos reais e boas prácticas.
- Serán capaces de aplicar algunhas técnicas para definir prezos con impacto.
MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS
Prazas limitadas: 10 (asistencia sen custe)
Límite de inscrición: luns, 6 abril (14:00h)
FORMULARIO
