Xornada técnica 3 | Deseño dunha parcela agrícola e gandeira seguindo os criterios da agricultura rexenerativa

24+29/04 (Cataluña) - 25+30/04 (Galicia)

Online

No marco das Xornadas e seminarios técnicos para o impulso da agricultura rexenerativa e sostible

Durante case un ano e medio, a Fundación Juana de Vega (A Coruña) e a empresa Agroassessor (Girona) promovemos as "Xornadas e seminarios técnicos para o impulso da agricultura rexenerativa e sostible" (ver máis información aquí) de forma conxunta entre Galicia e Cataluña subvencionadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Esta xornada técnica é a terceira das catro que se impartirán entre marzo e setembro deste ano. En concreto, esta sesión online impartirase de forma paralela nas dúas comunidades que organizan este programa.  As xornadas están a cargo de Robert Madeo Salvá, de The Regen Academy.

Durante a primeira sesión, os asistentes revisarán conceptos básicos sobre a agricultura rexenerativa, as bases para a abordar o diagnóstico inicial do deseño e a planificación dunha parcela en rexenerativo.

A segunda sesión estará dedicada ás ferramentas de planificación, vixilancia e avaliación. Tamén se fará unha revisión de varios casos de éxito e o seu impacto.

DATAS

Jornada técnica 3CataluñaGalicia
Sesión 1 | 9:30 - 13:00h24/04/202525/04/2025
Sesión 2 | 9:30 - 13:00h29/04/202530/04/2025

MODALIDADE
Online

GRUPO OBXECTIVO
Produtores e asesores agrarios

DURACIÓN
7 horas

PRAZAS
Limitadas: 30 en total (15 para Galicia e 15 para Cataluña)

INSCRICIÓN CONXUNTA PARA AMBAS CC.AA.
No seguinte formulario:

Axenda

SESIÓN 1 | 9.30-13:00h

  • Benvida e obxectivos da xornada.
  • Introdución á agricultura rexenerativa.
  • Diagnóstico inicial da parcela.
  • Deseño da parcela con principios rexenerativos.
  • Planificación a longo prazo e estratexias de xestión
  • Resumo e peche.

 

SESIÓN 2 | 9.30-13:00h

  • Benvida e resumo da sesión anterior.
  • Ferramentas e métodos de avaliación.
  • Implementación do deseño na parcela.
  • Vixilancia e axuste continuo.
  • Estudo de casos: éxitos e retos de parcelas rexenerativas.
  • Peche e despedida.

 

Ver aquí o programa completo >>

PROGRAMA DE TODAS AS XORNADAS TÉCNICAS

As “Xornadas e seminarios técnicos para o impulso da agricultura rexenerativa e sostible” contan cun orzamento de 104.823,6€ achegados polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación con cargo á subvención para o Intercambio de coñecementos e actividades de formación e información de ámbito supraautonómico, destinadas ao sector agroalimentario e forestal. Están cofinanciadas nun 43% por FEADER e nun 57% por fondos da Administración Xeral do Estado.