Durante case un ano e medio, a Fundación Juana de Vega (A Coruña) e a empresa Agroassessor (Girona) promovemos as "Xornadas e seminarios técnicos para o impulso da agricultura rexenerativa e sostible" (ver máis información aquí) de forma conxunta entre Galicia e Cataluña subvencionadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Esta xornada técnica é a segunda das catro que se impartirán entre marzo e setembro deste ano. En concreto, esta sesión híbrida impartirase de forma paralela nas dúas comunidades que organizan este programa. Durante a sesión en liña do primeiro día, os asistentes revisarán conceptos básicos sobre a agricultura rexenerativa, modelos existentes e a súa planificación en terreo. O segundo día, visitarán unha explotación onde xa teñen implantando con éxito o modelo rexenerativo para coñecer in situ a súa experiencia.
MODALIDADE
Mixta (online e presencial)
GRUPO OBXECTIVO
Produtores e asesores agrarios
DURACIÓN
7 horas
PRAZAS
Limitadas: 30 en total (15 para Galicia e 15 para Cataluña)
INSCRICIÓN CONXUNTA PARA AMBAS CC.AA.
No seguinte formulario: