Xornada técnica 1 | Traxectoria, situación actual e futuro da agrogandeiría rexenerativa en Iberia e en Europa⁣

Viernes, 21 de marzo de 2025 | 11:00 a 13:00h

Online

No marco das Xornadas e seminarios técnicos para o impulso da agricultura regenerativa e sostible

Durante case un ano e medio, a Fundación Juana de Vega (A Coruña) e a empresa Agroassessor (Girona) promovemos as "Xornadas e seminarios técnicos para o impulso da agricultura rexenerativa e sostible" (ver máis información aquí) de forma conxunta entre Galicia e Cataluña subvencionadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Esta xornada técnica en liña é a primeira das catro que se impartirán entre marzo e setembro deste ano. A temática desta sesión centrarase en explorar a traxectoria, situación actual e futuro da agroganadería rexenerativa en Iberia e en Europa⁣ da man da experta Ana Digón.

MODALIDALIDE
Online

GRUPO OBJETIVO
Produtores e asesores agrarios

HORARIO
11:00-13:00h

PRAZAS
Limitadas: 15 para Galicia e 15 para Cataluña

AnaDigon

FACILITADORA
Ana Digón

CV Ana Digón

Politóloga e sociolingüista, tradutora e intérprete, dinamizadora de grupos, organizadora de eventos formativos e sociais, escritora para diversas publicacións, comunicadora e formadora en temas relacionados coa terra, a alma e a sociedade. É cofundadora, presidenta e coordinadora da Asociación de Agricultura Regenerativa a través da que divulga os principios e prácticas rexenerativas que, di, son unha ponte cara ao futuro nestes tempos de retos climáticos, alimentarios, económicos e sociais. Apaixónalle falar e divulgar sobre o uso das ferramentas prácticas agrícolas e organizativas para o mundo que queremos cocrear.

Web e redes sociais:
Web:www.agriculturaregenerativa.es   
Facebook:https://www.facebook.com/AgriculturaRegenerativa
Instagram: @agriculturaregenerativaiberica
X: @AgRegIberica
Linkedin: https://www.linkedin.com/company/asociaci%C3%B3n-de-agricultura-regenerativa
Youtube: https://www.youtube.com/user/AGRIREGENERATIVA/playlists

Axenda

1. Benvida e introdución. Presentación de obxectivos.
2. Traxectoria histórica da agroganadería rexenerativa. Evolución e antecedentes do modelo rexenerativo.
3. Situación actual da agroganadería rexenerativa. Casos reais, beneficios e barreiras.
4. Perspectivas futuras: retos e oportunidades. Innovacións, tendencias e políticas públicas.
5. Preguntas e debate. Intercambio de ideas e cos participantes.
6. Conclusións e peche. Resumo de puntos chave.

 

PROGRAMA DE TODAS AS XORNADAS TÉCNICAS

As “Xornadas e seminarios técnicos para o impulso da agricultura rexenerativa e sostible” contan cun orzamento de 104.823,6€ achegados polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación con cargo á subvención para o Intercambio de coñecementos e actividades de formación e información de ámbito supraautonómico, destinadas ao sector agroalimentario e forestal. Están cofinanciadas nun 43% por FEADER e nun 57% por fondos da Administración Xeral do Estado.