Xornada “O rexurdir das aldeas”

Xoves, 3 de outubro de 2024

Un encontro para promover o intercambio de ideas e boas prácticas sobre o desenvolvemento, rexeneración e recuperación das aldeas desde o enfoque da estratexia Smart Village

A Fundación Juana de Vega e a Fundación Eduardo Pondal organizan o próximo xoves, 3 de outubro (10:00 a 17:30h) a xornada “O rexurdir das aldeas”. O obxectivo deste encontro multidisciplinar é promover o intercambio de ideas e boas prácticas sobre o desenvolvemento, rexeneración e recuperación das aldeas desde o enfoque da estratexia Smart Village. Esta iniciativa europea busca revitalizar las zonas rurales mediante la implementación de tecnologías inteligentes y enfoques colaborativos, con el fin de crear comunidades más dinámicas, sostenibles y capaces de afrontar los retos del futuro.

A través de relatorios, mesas redondas e unha visita de estudo á aldea do Couto, durante o foro invitarase á reflexión sobre as claves para a dinamización dos núcleos rurais, a revitalización paisaxística e o fomento da sostibilidade. Así mesmo, preténdese proporcionar aos asistentes ferramentas e exemplos prácticos que poidan ser aplicados nos seus propios contextos para impulsar o desenvolvemento local e fortalecer as comunidades rurais.

A asistencia é de balde ata completar aforo.

Axenda

10:00h.- Inauguración

10:30h.- A estratexia europea Smart Village – Inés Santé (Profesora titular da Universidade de Santiago de Compostela)

11:15h.- A dinamización dos núcleos rurais – Francisco García (Técnico de Desenvolvemento Rural da Fundación Juana de Vega)

11:45h.- Pausa-café

12:00h.- Mesa redonda. Claves para a rexegeneración paisaxística e a dinamización local. Algúns exemplos. Modera Beatriz Suárez (Directora da Área de Desenvolvemento Rural da Fundación Juana de Vega)
• Lucía Escrigás (Técnica da Fundación RIA)
• Daniel Suárez (Responsable de Somiedo LivingLab)
• Juan Carlos Pérez (CEO Aldealista)
• Nuria Freire (Técnica de Paisaxe da Fundación Juana de Vega)
• Diego Quiñoy (Investigador do Centro Tecnolóxico Energy Lab)

14:00h.- Xantar (incluído)

16:00h.- Visita de estudo á aldea do Couto. Dinámica de identificación dos valores do Couto – Fundación Juana de Vega

A xornada está dirixida a calquera persoa interesada en impulsar o futuro das aldeas e núcleos rurais a través de innovacións e boas prácticas, e en particular:

  1. Profesionais e técnicos do ámbito rural que traballan no desenvolvemento rural, na dinamización de comunidades locais, ou en proxectos de revitalización paisaxística e sostibilidade.
  2. Persoal da administración pública interesado na mellora dos núcleos rurais e na implementación de estratexias como Smart Village.
  3. Investigadores e académicos, especialistas en temas relacionados co desenvolvemento rural, a paisaxe, a sostibilidade ou a planificación territorial.
  4. Empresarios e emprendedores rurais que xestionan proxectos ou negocios no ámbito rural e están interesadas en novas estratexias de dinamización e de innovación.
  5. Alumnado de estudos relacionados co desenvolvemento rural, medio ambiente, paisaxe ou planificación territorial, interesados en adquirir coñecementos prácticos e exemplos de proxectos.
  6. Veciñanza e colectivos locais que buscan involucrarse no desenvolvemento e fortalecemento das súas comunidades, avanzar nos procesos de gobernanza e mellorar a súa calidade de vida.