Xornada final do GO DIXITEGA

Martes, 24 de setembro

Presentación do novo servizo de información gandeira da IXP Ternera Gallega

O próximo martes, 24 de setembro (desde 17:30h) o consorcio do Grupo Operativo DIXITEGA organiza a xornada final para presentar os resultados deste proxecto de investigación aplicada na sede do Consello Regulador das IXP de Carne de Vacún de Galicia, en Santiago de Compostela.

Desde 2022, e durante tres anos, o consorcio do Grupo Operativo DIXITEGA estivo traballando man a man co sector para desenvolver a plataforma dixital dixitega.com; un novo espazo dixital en permanente actualización e accesible 24/7 no que se integran diversas fontes de datos relevantes para todos os axentes que forman a cadea de valor da IXP Ternera Gallega.

O futuro da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega está estreitamente ligado ás novas tecnoloxías. A dixitalización ofrece ferramentas esenciais para impulsar unha posición máis competitiva e sostible deste sector no mercado. Ademais, é unha solución accesible e un recurso fácil e sinxelo para axudar aos pequenos produtores a optimizar o seu traballo diario. O obxectivo principal de DIXITEGA foi, por tanto, achegarlles solucións prácticas e innovadoras aos productores para que transformen os desafíos en oportunidades nun sector estratéxico para o medio rural de Galicia.

Para asistir é necesaria inscrición previa no seguinte formulario.

Axenda

Xornada final de presentación dos resultados do GO DIXITEGA: Dixitalización da cadea de valor da IGP Ternera Galega

17:30-17:45h – Benvida
Representante do CRIXP – Presidente do Consello Regulador das IXPs de Carne de Vacún de Galicia

17:45-18:15h – O GO DIXITEGA e a súa plataforma (FJDV, CRIXP)
Presentación dos resultados do proxecto DIXITEGA. Breve presentación da aplicación www.dixitega.com

  • José Gómez Viaño. Secretario Executivo do Consello Regulador das IXPs de Carne de Vacún de Galicia
  • Alfonso Ribas Álvarez. Director de Investigación e Innovación da Fundación Juana de Vega
  • Adrián Sánchez Ántelo. Técnico de Desenvolvemento da Fundación Juana de Vega

18:15-18:35h – Importancia da recollida de datos na produción agraria: Fontes de información e o seu uso no MAPA
María Teresa Ambrós Mendioroz. Subdirectora Xeral de Innovación e Dixitalización.

18:35-18:55h – Aplicación da Lei de Calidade Alimentaria en Galicia
Orlando Vázquez Yañez. Xefe de Servizo da Cadea Agroalimentaria e Control de Prácticas Comerciais Desleais

18:55-20:00h – Clausura e viño galego

 

Como chegar [Google Maps]
Consello Regulador das IXP de Carne de Vacún de Galicia
Rúa do Obradoiro C.A.B., 2
15707 Santiago de Compostela
A Coruña