A Fundación Juana de Vega vén impulsando nos últimos anos unha liña de traballo orientada á formación, á transferencia de coñecemento e ao acompañamento do sector agroalimentario galego na incorporación de prácticas máis sostibles, innovadoras e adaptadas á realidade do territorio.
Neste marco organízase esta xornada de transferencia sobre xestión de cubertas vexetais en fincas rexenerativas, unha actividade que dá continuidade ao traballo desenvolvido pola Fundación arredor da agricultura rexenerativa e que recolle unha proposta formulada por Os Biosbardos a partir da súa propia experiencia práctica neste ámbito e con a colaboración da empresa Jympa, referente do sector.
O obxectivo é abordar, desde un enfoque técnico e demostrativo, o papel das cubertas vexetais na mellora da fertilidade do solo, na redución da dependencia de insumos externos e no avance cara a sistemas produtivos máis resilientes.
Máis aló dunha actividade formativa puntual, esta xornada pretende contribuír a crear comunidade entre produtores, técnicos e entidades interesadas en novas formas de producir, facilitando o intercambio de experiencias e ofrecendo respostas prácticas a algúns dos retos que afrontan as explotacións galegas.
Organizan:
Fundación Juana de Vega
Os Biosbardos
Prazas: 40
Inscricións:
Cerradas

