Xornada de lanzamento do proxecto Saberes do Monte

22 de xullo

Pazo de San Marcos (sede da Deputación Provincial de Lugo)

O vindeiro mércores, 22 de xullo, terá lugar o acto de presentación do proxecto SABERES DO MONTE, unha iniciativa impulsada pola Fundación Juana de Vega xunto coa Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Asociación Galega de Custodia do Territorio.

O proxecto traballa para conservar e recuperar hábitats de alto valor ecolóxico en cinco zonas de montaña de Galicia, grazas ao traballo da poboación local. Para iso, promove as actividades ligadas ao territorio, como a gandería extensiva, o manexo tradicional de cabalos en liberdade, a apicultura e o ecoturismo.

Estas actividades achegan beneficios a toda a sociedade e desempeñan un papel fundamental na conservación da biodiversidade e no desenvolvemento rural. O proxecto busca que esa contribución sexa máis visible e recoñecida, apoiando as persoas que fan posible un monte vivo.

SABERES DO MONTE conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), a través do cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Tamén colaboran co proxecto a área de Medio Rural, do Mar e Mocidade da Deputación de Lugo, Caixa Rural Galega e a Fundación Naiterra.

Axenda

Data e lugar
Mércores, 22 de xullo de 2026, de 10:30 a 13:30h

Pazo de San Marcos (sede da Deputación Provincial de Lugo – Rúa San Marcos, 8, 27001 Lugo)

Programa
10:15 – 10:30h.- Recepción de asistentes

10:30 – 11:00h.- Benvida institucional

  • Iria Castro, deputada da área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico, Normalización Lingüística e Memoria Histórica da Deputación de Lugo
  • José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de Vega
  • José Manuel López, director comercial de Caixa Rural Galega

11:00 – 12:00h.- Saberes do Monte en marcha: obxectivos, antecedentes, accións e próximos fitos

  • Beatriz Suárez, directora da área de Desenvolvemento Rural da Fundación Juana de Vega
  • Ramón Alberto Díaz, profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela
  • Laura Lagos, investigadora da Universidade da Coruña
  • Óscar Rivas, secretario da Asociación Galega de Custodia do Territorio

12:00 – 12:30h.- Pausa café

12:30 – 13:15h.- Voces do territorio: xestión, necesidades e apoios para seguir coidando un monte vivo

Mesa redonda con representantes das áreas piloto:

  • Isolina Rodríguez, secretaria da Asociación de Propietarios do Monte de Piornedo (Cervantes)
  • Marcos Reinoso, veciño de Paderne (Folgoso do Courel) e promotor da iniciativa Pía Paxaro – Sendeiros da Natureza
  • Alejandro Fernández, presidente da CMVMC Frexulfe (O Valadouro)
  • Marta Liñares, comuneira da CMVMC de Barcela e Vilauxín (Negueira de Muñiz)
  • Modera: Fran García, técnico da área de Desenvolvemento Rural da Fundación Juana de Vega

13:15 – 13:30h.- Clausura

  • Beatriz Suárez, directora da área de Desenvolvemento Rural da Fundación Juana de Vega