Profesorado
Salvador Rueda Palenzuela

Licenciado en Ciencias Biolóxicas e Psicoloxía. Diplomado en Enxeñaría Ambiental e en Xestión Enerxética. Director da Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona desde a súa fundación o 5 de Xuño de 2000.
Foi membro do Comité de Expertos de Medio Ambiente Urbano da Unión Europea (DGXI) de 1994 a 1998.
Desenvolveu traballos de planificación nos seguintes ámbitos: Plans estratéxicos e ordenación do territorio; urbanismo; verde urbano; mobilidade; espazo público; metabolismo urbano e cohesión social.
É autor dos libros:
Ecoloxía Urbana: Barcelona e a súa Rexión Metropolitana como referentes. Ed. Beta 1995.
Barcelona, cidade mediterránea, compacta e complexa. Unha visión de futuro mais sustentable, Ed. Ayto. Barcelona 2002
Redactor principal e coordinador do Libro Verde do Medio Ambiente Urbano. Ed. Mº de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño 2006.
Libro Verde de Sustentabilidade Urbana e Local na Era da Información. Ed. Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente 2012.
O Urbanismo Ecolóxico: a súa aplicación no deseño dun ecobarrio en Figueres. Ed. Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona 2012.
A Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona
BCNecologia realiza proxectos destinados a institucións públicas, fundacións, organizacións e empresas de ámbito nacional e internacional.
A Axencia aplica un enfoque sistémico para reorientar a xestión das cidades cara a un modelo máis sustentable, achegando solucións en mobilidade, enerxía, residuos, urbanismo, auga, biodiversidade e cohesión social.
Conxuntamente cos destinatarios, BCNecologia diagnostica os problemas e as súas causas, expón propostas, analiza a viabilidade técnica, cuantifica os resultados e ofrece apoio na xestión administrativa e implementación do proxecto.
Isabel Aguirre Urcola

Arquitecta. Directora da Escola Galega da Paisaxe, da Fundación Juana de Vega, desde a súa creación no ano 2008.
Premio Nacional de arquitectura Manuel de la Dehesa, ano 1997.
Membro do comité de Head Master do ECLAS (European Council Landscape Architecture Schools)
Autora de diversos proxectos de deseño e arquitectura da paisaxe, traballos de investigación, conferencias e publicacións.
Pedro Calaza-Martínez

Pedro Calaza-Martínez é profesor universitario na Escola Galega da Paisaxe, no Máster en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega, organizado coas Universidades de Santiago de Compostela e da Coruña. Actualmente é membro do Comité de Expertos e decano do Colexio oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia.
Doutor en Enxeñaría na rama agronómica pola Universidade de Santiago de Compostela. O seu campo principal de investigación é a integración da infraestrutura verde no medio urbano, concretamente a relación entre esta estratexia e a saúde, telexestión de rega sustentable, implantación de tellados verdes e avaliación de risco de arborado urbano. Director do Departamento de Enxeñaría e I+D+I de Malvecin, consulting profesional e empresa de construción radicada na Coruña.
Publicou diferentes artigos nacionais e internacionais sobre temas relacionados coa biomecánica, infraestrutura verde, saúde pública e deseño de espazos. Relator en diferentes congresos nacionais e internacionais en Boston (USA), Bogotá (Colombia), Praga (Checoslovaquia), Lisboa (Portugal); Milán (Italia), etc.
Gañador do premio "Juan Julio" da AEPJP polo mellor libro técnico do ano 2013 co traballo: "Avaliación de risco de arborado perigoso: principios, indicadores e métodos". Membro da asociación española de paisaxistas e de parques e xardíns públicos onde é membro da comisión de estudos de xardíns históricos.
Cristina García Fontán

Doctora por la Universidad de A Coruña en la especialidad de Urbanismo obteniendo la calificación Apto CUM LAUDE en 2012
Master en Advanced Architecture por el Berlage Institute de Rotterdam 2003-2005, becada por la Fundación Barrié de la Maza.
Arquitecto con la especialidad de Urbanismo por la ETSA de A Coruña en 2001 obteniendo la calificación de Premio Extraordinario de Arquitectura.
Desde 2007 Profesora del Departamento de Proyectos Arquitectónicos y Urbanismo de la Escuela Técnica Superior de Arquitectura de la Universidad de A Coruña. Impartiendo clases de diversas materias en el título de arquitecto, en el Master en Urbanismo y el Máster en Arquitectura del Paisaje Juana de Vega.
Profesor Visitante de la Architectural Association en Londres en 2008.
Colaboración en diversos proyectos de investigación sobre ordenación territorial y planificación estratégica y paisaje.
Ejercicio libre de la profesión desde 2002 hasta la actualidad, con la redacción y ejecución de proyectos de paisaje, rehabilitación y edificación.
Mercedes Máquez

Arquitecta pola ETSA da Coruña (2002), Máster en Xardinaría e Paisaxe pola Universidade Politécnica de Valencia, e doctorando en Arquitectura Paisaxista e Ecoloxía Urbana, dentro do programa LINK das universidades de Porto, Coímbra e Lisboa, teses sobre Deseño de espazo público urbano.
Membro do Grupo de investigación da Escola Galega dá Paisaxe e docente de Taller I e Taller Final de Máster no Máster Juana de Vega en Arquitectura da Paisaxe.
Experiencia profesional como arquitecta, orientada ao deseño do espazo público e da paisaxe.