
O proxecto SoutoLAB celebra este mes de xullo unha nova actividade formativa baixo o título "Xestión produtiva dos soutos: multifuncionalidade, resiliencia e oportunidades", unha proposta que combina unha visita de campo e unha xornada divulgativa para analizar os retos e oportunidades que afrontan os soutos como espazos produtivos, ambientais e patrimoniais.
A actividade desenvolverase en dúas sesións complementarias. A primeira terá lugar o venres, 17 de xullo, cunha visita de campo ao Souto de Alixo, mentres que a segunda celebrarase o xoves, 23 de xullo, na Sala de Usos Múltiples do Concello do Barco de Valdeorras, cunha xornada técnica na que se abordarán diferentes experiencias e modelos de xestión. Para ambas actividades, a asistencia é libre ata completar aforo, previa inscrición a través do correo fgarcia@juanadevega.org ou no seguinte formulario: