Durante case un ano e medio, a Fundación Juana de Vega (A Coruña) e a empresa Agroassessor (Girona) estamos promovendo as "Xornadas e seminarios técnicos para o impulso da agricultura rexenerativa e sostible" (ver máis información aquí) de forma conxunta entre Galicia e Cataluña subvencionadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Esta xornada é o primeiro dos dous seminarios técnicos programados para este 2025. Este "Seminario técnico 1. Bases da produción vexetal con modelos rexenerativo" ten unha duración de 12 horas repartidas en dúas xornadas consecutivas. A formación permitirá un achegamento específico na produción vexetal, que será completada durante o ano 2026 con dous seminarios técnicos específicos sobre fruticultura e viticultura con modelos rexenerativos.
Obxectivos
Neste seminario técnico abordaranse os aspectos chaves da produción vexetal en modelos rexenerativos como son a cobertura permanente do chan e o mínimo laboreo, evitando o estrés mecánico.
Explicaranse ademais técnicas efectivas para control de adventicias, pragas e enfermidades sen emprego de produtos de sínteses.
Facilitador: Jordi Puig Roca (L´Espigall)
Biografía Jordi Puig Roca

Ambientólogo e doutor en Ciencias Ambientais, especialidade Cambio Climático e Cambio Global Ambiental. Traballou no campo da sostibilidade e a xestión municipal, así como na administración pública (Generalitat de Catalunya, departamentos de Medio Ambiente e Presidencia). Foi membro do Consello da Rede de Conservación da Natureza, vogal da Comisión Catalá de Variedades Locais do Departamento de Agricultura e coordinador o grupo de custodia agraria da Xarxa de Conservació da Natura (XCN).
Publicou varios artigos científicos, algún deles en revistas de impacto internacional. Colaborou en diversas publicacións, revistas e é autor ou coautor de varios libros no campo do patrimonio natural e cultural.
Actualmente, é coordinador técnico da consultora L´Espigall, especializada en agroecoloxía.
DATAS
Galicia: 9-10/10/2025 (xoves e venres)
MODALIDADE
Presencial:
Sede da Fundación Juana de Vega
Avda. Salvador Allende, 92. Parroquia San Pedro de Nós. 15176 Oleiros, A Coruñ[Ver en Google Maps]a
Hortícola Os Biosbardos
Lugar de Lendoiro. 15650 Cambre (A Coruña) [Ver en Google Maps]
GRUPO OBXECTIVO
Produtores e asesores agrarios
DURACIÓN
12 horas
PRAZAS
Limitadas: 15
DATA MÁXIMA DE INSCRICIÓN: luns, 29 de setembro*
* Pídese ao rexistrados compromiso de participación xa que a listaxe de alumnos ha de ser comunicado ao MAPA con 10 días de antelación.
INSCRICIÓN
No seguinte formulario:

