O seminario técnico supraautonómico é a única das "Xornadas e seminarios técnicos para o impulso da agricultura rexenerativa" que se impartirá de forma conxunta para o alumando de Galicia e de Cataluña.
A xornada terá lugar en Girona, na explotación de Can Font, o xoves, 19 e o venres, 20 de xuño de 2025.
O seminario, cunha duración de 14 horas, centrarase no solo, o elemento base da agricultura rexenerativa, para entender as súas dinámicas e interrelación co resto dos elementos clave dos modelos rexenerativos.
Neste sentido, o obxectivo xeral será proporcionarlle aos participantes unha comprensión profunda da importancia do solo nos sistemas agrícolas rexenerativos. Abordaranse as propiedades físicas, químicas e biolóxicas do solo, as técnicas para a súa restauración e mellora, e o seu papel central na produtividade agrícola sostible e a resiliencia fronte ao cambio climático.
O seminario será impartido polos consultores de The Regen Academy, Francesc Font Rovira e Nuri Mandeo Salvá.
MODALIDADE
Presencial en Can Font, Girona (Cataluña)
GRUPO OBXECTIVO
Produtores, asesores agrarios ou emprendedores no medio rural.
DURACIÓN
14 horas
PRAZAS
Limitadas: 20 en total (10 para Galicia e 10 para Cataluña). A selección dos participantes farase entre todas as solicitudes para asegurar a participación dos grupos obxectivos.
O programa asume todos os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención dos participantes.
INSCRICIÓN CONXUNTA PARA AMBAS CC.AA.
No seguinte formulario ata o mércores, 14/05/2025.