Metodoloxías para o deseño de procesos e eventos participativos

23 de marzo, 6 e 13 de abril de 2018

EN PROXECTOS DE TERRITORIO E PAISAXE

A participación é un elemento clave de calquera iniciativa de desenvolvemento paisaxístico o territorial que pretenda ter un impacto sostible nun territorio. É por isto que profesionais e entidades que traballan neste campo deben coñecer as estratexias e recursos que poden axudarlles a promover bases de concertación e cooperación cos públicos e axentes aos que se dirixen as súas propostas.

Neste curso impártese formación práctica en metodoloxías e recursos aplicables á dinamización de procesos e eventos participativos a calquera persoa ou entidade que participen en proxectos cunha compoñente social ou pública.

Resultados buscados

As persoas participantes terán unha perspectiva global dos recursos metodolóxicos aplicables ao deseño e desenvolvemento de eventos e procesos participativos cunha compoñente territorial o paisaxística.

Os alumnos terán un tempo para experimentar co desenvolvemento de habilidades e recursos metodolóxicos específicos, de xeito que podan familiarizarse cos seus condicionantes técnicos e identificar aproveitamentos para a súa actividade.

O grupo de participantes, terá, ao mesmo tempo, un tempo de traballo compartido que lle permitirá reforzar sinerxías e capacidades para manter un traballo colaborativo.

Enfoque

A formación proposta estrutúrase en dous módulos.

  • O primeiro módulo céntrase en aportar unha aproximación a diferentes propostas metodolóxicas aplicables ao deseño e desenvolvemento dun proceso ou un evento participativo. Deste xeito, pode ofrecer unha perspectiva introdutoria a persoas que se achegan por vez primeira ao ámbito da participación; e, ao mesmo tempo, unha escolma de diferentes “escolas” a persoas que teñan xa un percorrido no mesmo.
  • O segundo módulo, ofrece un espazo de práctica, no que as persoas participantes poderán experimentar con técnicas concretas ao tempo que, asociadamente, reforzar habilidades para facilitar este tipo de recursos.

O desenvolvemento de cada módulo ten un carácter marcadamente práctico. A partir da presentación de contidos o grupo de participantes procede a experimentar o seu desenvolvemento aplicado. Cada módulo remata cunha posta en común de conclusións e aprendizaxes que permita identificar aplicacións posibles no día a día.

A curso estruturase nos seguintes módulos:

  • Deseño de eventos e procesos participativos: enfoques e recursos aplicables (4h).
  • Training en ferramentas e habilidades: experimentación con técnicas e prácticas aplicables nas diferentes fases dun proceso participativo (4,5h).
  • Ferramentas TIC: recursos aplicables a procesos participativos (4h).

Axenda

Módulo 1a. Deseño de eventos e procesos participativos (4h)

Enfoques e recursos aplicables

Venres, 23 de marzo de 2018

Formato Contido Horario
Presentación Dinámicas de presentación e distensión.
Presentación do módulo: obxectivos e programa de traballo.
30′
Contextualización Presentación dun esquema metodolóxico a ter en conta cara ao deseño de eventos e procesos participativos. A seguir, o grupo de participantes compartirá as súas preguntas e conclusións ao respecto. O resultado deste contraste concretará un decálogo ou procedemento standar a seguir. 75′
Descanso. 30′
Experimentación As persoas participantes traballarán en equipos abertos para combater o deseño dun proceso e dun evento participativo; partindo, con este fin, dun caso real ou simulado. 75′
Espazo de conclusións Posta en común das conclusións e aprendizaxes concretadas. 30′

 

Módulo 1b. Training en ferramentas e habilidades (4,5h)

Experimentación con técnicas e prácticas aplicables nas diferentes fases dun proceso participativo

Venres, 6 de abril de 2018

Formato Contido Horario
Presentación Presentación do módulo: obxectivos e programa de traballo.
Dinámicas de distensión e cohesión.
30′
Experimentación (1) Preséntase ao grupo de participantes un menú de técnicas e prácticas recomendables á construción participativa de diagnósticos e visións de futuro.
A partir de aquí, o grupo experimenta coa posta en práctica dalgunhas das técnicas presentadas, prestando atención ás prácticas de facilitación máis efectivas.
90′
Descanso. 30′
Experimentación (2) Preséntase ao grupo de participantes un menú de técnicas e prácticas recomendables á formulación de modelos e propostas, así como á concreción de resolucións de grupo.
A partir de aquí, o grupo experimenta coa posta en práctica dalgunhas das técnicas presentadas, prestando atención ás prácticas de facilitación máis efectivas.
90′
Espazo de conclusións Posta en común das conclusións e aprendizaxes concretadas. 30′

 

Módulo 2(4h). Ferramientas TIC.

Recursos aplicables a procesos participativos

Venres, 13 de abril de 2018

Formato Contido Horario
Presentación Presentación do módulo: obxectivos e programa de traballo. 30′
Presentación Preséntase ao grupo de participantes un mapa de recursos TIC que poden apoiar o desenvolvemento dun proceso baseado na participación e colaboración entre axentes do territorio. 75′
Descanso. 30′
Experimentación (2) Agrupadas en pequenos grupos de traballo, as persoas participantes van experimentando no uso de diferentes ferramentas. 75′
Espazo de conclusións Posta en común das conclusións e aprendizaxes concretadas. 30′
Observacións As persoas participantes  traballarán co seu propio PC-portátil

 

Matrícula

Prazo de inscrición pechado

Datas

O curso desenvolverase nas seguintes datas:

  • Módulo 1a: Venres 23 de marzo de 10 a 14 horas
  • Módulo 1b: Venres 6 de abril de 10 a 14:30 horas
  • Módulo 2: Venres 13 de abril de 10 a 14 horas.

Docentes

Jorge Fente Balsa

É licenciado en Socioloxía, pola Universidade de A Coruña. A súa traxectoria profesional focalízase no desenvolvemento organizacional e as metodoloxías participativas. No ámbito Público, desenvolveu procesos de participación para o deseño, implementación e avaliación de Políticas Públicas: iniciativas de desenvolvemento territorial, constitución de Consellos Sectoriais, elaboración de Plans estratéxicos, implementación de orzamentos participativos, etc. Ten traballado, entre outros, co GDR Mariñas-Betanzos, AGADER, o Instituto de Estudos do Territorio e os Concellos de A Coruña, Santiago, Ferrol e Ourense. No ámbito privado, especializouse no asesoramento e dinamización organizacional de cooperativas, ONG e outro tipo de entidades asociativas e empresariais. Algunhas organizacións coas que ten traballado son, entre outras, Sindicato Labrego Galego, Andaina, S. Coop. Galega, UGACOTA, Panxea, S. Coop. Galega e a Plataforma de Innovación do SERGAS.

Paralelamente, ten desenvolvido unha longa traxectoria como formador en temáticas asociadas.

Linkedin

Bernardo Lorenzo Cuétara

Estudou Filosofía na Facultade de Filosofía e CC. da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Consultor especializado en planificación estratéxica en materia da sociedade da información, desenvolvemento local e comunicación.

Ten unha extensa experiencia profesional na dirección e coordinación de grupos de traballo, así como na dirección de proxectos nas áreas de planificación estratéxica, deseño e xestión de contidos e arquitectura web, xestión de documentación, comunicación, plans de medios e identidade Institucional corporativa.

Algunhas organizacións coas que ten traballado son, entre outras, a Fundación Municipal Cultura de Avilés, a Deputación Provincial de A Coruña, a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, a Asociación Ibérica de Municipios Ribereños del Duero, a Mancomunidad de Municipios Sostenibles de Cantabría, os municipios de Angers e Pau (Francia) e os Concellos de Ferrol e As Pontes de García Rodríguez.

Linkedin

 

 

 

 

DESCARGAS