IV congreso internacional de Agroecoloxía e agricultura ecolóxica

No ámbito do IV Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica queremos discutir e aprender das experiencias agroecolóxicas innovadoras que se estean a desenvolver en Galiza, no Estado e no Mundo?

A posta en marcha de experiencias agroecolóxicas innovadoras é unha tarefa colectiva na que participan políticos, científicos, campesiños, consumidores e as súas asociacións.

Chamamos aos axentes sociais implicados á participación, definindo as problemáticas existentes e propondo alternativas, co obxectivo de dinamizar o medio rural e afondar na súa sustentabilidade.