O martes, 3 de novembro (11:00-12:00h) terá lugar o primeiro dos sete webinarios organizados polo proxecto I-ReWater para presentar a "Estratexia Transnacional do Uso da Auga Rexenerada na Agricultura" a diferentes autoridades públicas do espazo Sudoe, así como outras ferramentas creadas no marco desta iniciativa (Hub I-ReWater e calculadora DSS).
Este webinario, dirixido á zona do noroeste peninsular (Galicia, Castela e León, Asturias, Cantabria e País Vasco), está coordinado pola Fundación Juana de Vega en colaboración co grupo PROePLA (Campus Terra, Universidade de Santiago de Compostela) e a Àrea Metropolitana de Barcelona (AMB).
Durante a sesión, tamén avanzaremos os resultados dos pilotos de lúpulo de Abegondo (A Coruña) e Cubillos del Sil (Castela e León), dúas experiencias pioneiras en España no uso de auga rexenerada para a rega deste cultivo.

