Un cereal milenario que naceu en Galicia e conquistou Europa regresa para reivindicar o seu lugar no futuro da agricultura sostible. A avea negra destaca pola súa resistencia, polos seus beneficios para a saúde e polo seu potencial na creación de produtos innovadores. Alta cociña, panadaría e cosmética únense nesta xornada para recuperar esta xoia esquecida do noso campo e abrir novas vías de desenvolvemento rural. Un espazo para compartir coñecemento, inspiración e novas oportunidades entre profesionais e amantes do sector.
O consorcio do Grupo Operativo Avea Moura presenta os primeiros resultados desta investigación aplicada durante unha xornada de transferencia de asistencia libre que terá lugar en Granxa Maruxa, en Monterroso (Lugo).
DATA
Mércores, 24 de setembro
DURACIÓN
09:30 - 16:30h
MODALIDADE
Presencial en Granxa Maruxa [Google Maps >> https://maps.app.goo.gl/YMTbBRHkrV5SWuEcA]
GRUPO OBXECTIVO
Produtores e asesores agrarios
Investigadores
Sector panificación, cosmético, gastronómico, etc.
Outros
PRAZAS
Asistencia aberta
INSCRICIÓN E COMIDA DE BALDE
Data máxima de inscrición: domingo, 21 de setembro no seguinte formulario: