GO Rede Galega de Granxas Modelo | Xornada de transferencia: presentación dos primeiros resultados

8 de outubro

Cervantes, Lugo

O sector do vacún de carne é fundamental para o mantemento do rural galego. Contribúe de maneira especial á xestión do territorio e á conservación da paisaxe en mosaico agroforestal, tan característico da nosa comunidade. 

Conscientes desta realidade, o consorcio de Grupo Operativo Rede Galega de Granxas Modelo estableceu unha rede de granxas de vacún de carne representativas da realidade do sector en Galicia que achega datos técnicos e económicos para a elaboración de estudos anuais de custos. Estes estudos permiten mellorar a capacitación dos xefes de explotación e asesores técnicos, favorecendo unha xestión máis eficiente e, en consecuencia, unha maior rendibilidade e viabilidade a longo prazo.  

Nesta xornada de carácter técnico e asistencia libre,  presentaranse os primeiros resultados acadados polo traballo do grupo. A xornada terá lugar na sede da Cooperativa A Carqueixa en San Román de Cervantes (Lugo). 

DATA
Mércores, 8 de outubro

DURACIÓN
10.45 - 14:30h

MODALIDADE
Presencial en Hotel Casa Belón, Cervantes (Lugo) [Google Maps >> https://maps.app.goo.gl/VsxYgBGLSjp6qC9YA]

GRUPO OBXECTIVO
Cadea de valor do sector da carne de vacún
Outros sectores produtivos do agro galego
Produtores e asesores agrarios
Investigadores
Outros

PRAZAS
Só 40 prazas

INSCRICIÓN E COMIDA DE BALDE
Data máxima de inscrición: luns, 6 de outubro ás 12:00h

Axenda

10:45 – 11:00h | Recepción dos asistentes.
Román Sánchez, xerente da cooperativa A Carqueixa.

11:00 – 11:15h | Presentación do Grupo Operativo Rede Galega de Granxas Modelo.
Adrián Sánchez, técnico da Fundación Juana de Vega.

11:15 – 11:30h | A Granxa Modelo do Vacún de Carne de Galicia.
Adrián Sánchez, técnico da Fundación Juana de Vega.
• Datos sectoriais do sector da carne en Galicia.
• Presentación da granxa típica de vacún de carne en Galicia.

11:30 – 12:15h | Presentación do estudo de custos de produción.
José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de Vega.

12:15 – 12:45h | Pausa café.

12:45 – 13:30h | Presentación da Cooperativa A Carqueixa.
Lucía González, responsable de proxectos da Cooperativa A Carqueixa.

13:30 – 14:30h | Presentación da Comunidade de Montes de Moreira.
Antonio Delpueblo, presidente da cooperativa A Carqueixa.
Ceferino Alonso, presidente da Comunidade de Montes de Moreira.

14:30h | Petiscos – Degustación produtos elaborados da Carqueixa.