O xoves, 10 de setembro (10:15 a 13:45h), a Fundación Juana de Vega acollerá na súa sede a xornada final de transferencia do Grupo Operativo Oliveiras de Galicia. Neste encontro co sector presentaranse os principais resultados do traballo desenvolvido entre 2023 e 2026 para avanzar na multiplicación a grande escala de once variedades autóctonas de oliveira recuperadas en Galicia.
A xornada permitirá coñecer os avances obtidos mediante dúas vías complementarias (estaca clásica e micropropagación in vitro), así como facer balance do camiño percorrido desde a recuperación e identificación das primeiras variedades autóctonas e abordar os próximos pasos para o desenvolvemento da olivicultura galega. O programa completarase coa plantación dun exemplar da variedade Xoana e unha cata comentada de aceites galegos a cargo do IES do Ribeiro (Ourense).
Prazas: 50
Inscrición: cerrada.


