O sector do vacún de carne é fundamental para o mantemento do rural galego. Contribúe de maneira especial á xestión do territorio e á conservación da paisaxe en mosaico agroforestal, tan característico da nosa comunidade.
Conscientes desta realidade, o consorcio de Grupo Operativo Rede Galega de Granxas Modelo estableceu unha rede de granxas de vacún de carne representativas da realidade do sector en Galicia que achega datos técnicos e económicos para a elaboración de estudos anuais de custos. Estes estudos permiten mellorar a capacitación dos xefes de explotación e asesores técnicos, favorecendo unha xestión máis eficiente e, en consecuencia, unha maior rendibilidade e viabilidade a longo prazo.
Despois de dous anos de traballo, o próximo mércores, 21 de outubro presentaremos os principais resultados deste proxecto.
DATA
Mércores, 21 de outubro de 2026
DURACIÓN
11.00 - 13:45h
MODALIDADE
Presencial na Sede do Consello Regulador das IXP Ternera Gallega e
Vaca Galega - Boi Galego (Santiago de Compostela)
Ver como chegar en Google Maps >> https://maps.app.goo.gl/XMM3zoxzuMh4BR3y9
GRUPO OBXECTIVO
Cadea de valor do sector da carne de vacún
Outros sectores produtivos do agro galego
Produtores e asesores agrarios
Investigadores
Outros
PRAZAS
Só 50 prazas
INSCRICIÓN
No seguinte formulario:

